lunes, enero 25, 2010

S.D. SOFAN 4 - PORTEÑO C.F. 1

Segue a xeira da Sd nos seus partidos como local, nos que golea e fai disfrutar á afección con un futbol á altura dos mellores da categoría. Onte o Porteño adiantouse pronto no marcador pero non dou nunca a impresión de poder conter o xogo dos locais, que acabaron impoñendose con claridade. Reapareceron despois de moito tempo Gustavo e Suso Docampo, que ademais anotou un tanto. Bertin e Berti anotaron cada un o seu, e seguen na pugna polo pichichi con 12 tantos cada un. No día da solidaridade o público que se achegou ó Carral colaborou con cerca de 500 € para a causa haitiana.

S.D. SOFAN - Jose R., Manolo Varela (Jacobo 54´), Miniño, Juanjo, Gende (Gustavo 77´), Aleman, Pensado, Adrian, Eloy, Suso Docampo (Bertin 71´) e Berti.

PORTEÑO C.F. - Asiel, Chino, Manu, Roberto, Valeiro, Piti, David Toja (Wii 83´), Robertito, Oscar (Ivan 73´), Juan o Bello, Varela.

ARBITRO: Torreiro Ramos, que amonestou a Gende, Pensado, Eloy e Jacobo por parte local e a Roberto por parte visitante. Expulsou a Sergio Varela por doble amonestación no 61´ e a Chino con roja directa no 79´.

GOLES:
0-1 7´Balón en profundidade a Oscar que eleva con clase ante a saida de Jose R.
1-1 35´Disparo de Eloy que rexeita Asiel e Berti marca a porta valeira.
2-1 59´Suso Docampo recibe un balón en profundidade e anota dun disparo seco coa zurda.
3-1 70´Eloy cola un libre directo pola misma escadra.
4-1 80´Bertin de penalti cometido por mans do Chino.

Saiu a SD un pouco confiada e pronto sonaron as alarmas co tanto do Porteño, que acto seguido tivo outra boa ocasion solventada por Jose. O terreo de xogo non estaba nas mellores condicións para combinar, pero cando os pesos pesados do equipo se puxeron o mono de xogar o dominio foi totalmente local. Adrian foi un pesadelo por banda e as mellores combinacions chegaron polo seu lado. Suso estaba moi incisivo pero ata o segundo tempo non encontrou camiño do gol. Un disparo de Pensado dende fora da area e outro de Berti foron as mellores ocasións ata o gol. O acoso local presaxiaba o que estaba a pasar, o balón era por completo da SD e o Porteño so inquedaba no seu proverbial balon parado. Ó descanso, empate.

Saiu forte a Sd no segundo tempo, e encerraron o Porteño a base de corners. Nun deles Miniño lanzou de volea fora, e acto seguido Varela rematou de cabeza ás mans de Asiel. Chegou o gol de Suso, que non perdoa, e a expulsión de Sergio Varela, e o partido estaba decantado. Eloy mostrou a sua maestria a balon parado, e Robertito tentou imitalo lanzando un bo chut ó longueiro. Os ultimos minutos foron de tramite, con un Porteño moi loitador a pesar de xogar con 2 homes menos e un Sofan que non fixo sangue na ferida visitante.