S.D. SOFAN - Jose R., Oscar Pardo (Berti 46´), Miniño, Juanjo (Manolo Varela 68´), Roberto Souto (Gende 54´), Aleman, Mario Casal, Adrian, Eloy, Bertin e Diego.
UNION VIMIANZO - Sergio, Jaime, Amarelle, Riveiro, Ivan de Treos, Adrian, Sergio de Quintans (Ivan de Baiñas 89´), Victor (Lagoa 46´), Aran (Vilaseco 63´) Rafa (Pioto 57´) e Javi Suarez.
ARBITRO: Rama Cotelo, que amonestou a Mario, Varela e Gende por parte local, e a Riveiro e Sergio de Quintans por parte visitante. Expulsou a Amarelle e Bertin no min. 43 por agresión mutua.
GOLES:
0-1 16´Falta botada sobre a area sofanista e Ivan remata adiantandose a Jose R. ante a pasividade da defensa local.
1-1 24´Mario nun afortunado remate de cabeza no segundo pao.
1-2 37´Adrian controla un balon no borde da area e engancha un gran remate que entra axustado ó pao esquerdo da meta local.
2-2 40´Gran pase de Eloy a Bertin que define cunha bonita vaselina
3-2 64´Miniño de falta directa ó borde da area.
4-2 75´Berti recibe dentro da area e cruza un gran disparo ó pao contrario.
A pesar do horario nocturno boa entrada de público nas Eiroas para presenciar un bonito partido, disputado a cara
de can, con alternancias no marcador. Saiu a Sd dominadora, tocando ben o balón, con un Eloy moi participativo e con Adrian entrando ben por banda dereita. Unha boa xogada entre Adrian e Bertin acabou con un pase deste que Eloy marrou baixo paos. O gol do Vimianzo foi un xerro de auga fria para os locales, que pronto igualaron. O Vimianzo buscaba o xogo ó contragolpe, con Javi Suarez e Rafa como elementos mais perigosos. O golazo de Adrian foi respondido pronto por Bertin, que ainda tivo outra boa ocasión nun centro envenenado que se foi o longueiro. A tangana que rematou coas expulsións de Bertin e Amarelle dou paso ó descanso.
A segunda parte comenzou cunha Sd ambiciosa. Baña meteu no campo a Berti por un lateral, Oscar, e comenzou o recital de Eloy e Adrian, que fixeron un despliegue tremendo neste acto. Aleman, que completou un partidazo, encargabase de roubar e distribuir, e Mario parecia estar en todos lados. Pero tivo que ser o veterano Miniño, nunha falta o borde da area, o que desequilibrase. A lesión de Juanjo tivo o partido parado un rato, e pronto chegou o gol de Berti para sentenciar. Os ultimos minutos foron de acoso vimiancés, buscando balóns aereos pero solo Vilaseco cun remate á cruceta inquedou a Jose R.