domingo, enero 17, 2010

CARNOTA U.D. 1 - S.D. SOFAN 1

Partido duro e dificil o xogado pola SD en Lombans, ante un Carnota con todas as suas figuras dispoñibles, que se adiantou pronto no marcador e tentou manter a ventaxa durante 75 minutos. O empate final pódese considerar xusto, pois as poucas ocasións que houbo estiveron repartidas.

CARNOTA U.D. - Jose Angel, Nico Rodriguez, Jorgito, Santi, Charly, Pedro, Cololo (Pablo Beiro 63´), Marco Castreje (Fernando 46´), Nico II, Joselu e Manoliño.

S.D. SOFAN - Jose R., Diego, Miniño (Oscar 50´), Juanjo, Gende (Manolo Varela 75´), Aleman, Mario, Eloy, Jacobo (Suso Docampo 75´), Adrian e Berti (Pensado 61´).

ARBITRO: Rama Rama, que amonestou a Nico I, Nico II, Jorgito, Charly, Manoliño e Fernando por parte local, e a Diego, Juanjo, Mario e Jacobo por parte visitante.

GOLES:
1-0 15´Penalti de Juanjo a Nico que transforma Charly.

1-1 87´Balon colgado á area que lle cae a Aleman, e este á media volta marca coa perna esquerda.

Preveiase un partido a cara de can en Lombans, e cumpriuse o guion previsto. O conxunto de Cambeiro, cheo de xogadores veteranos, encontrouse co gol a favor moi pronto, e levou o partido ó terreo que lles gusta, de agresividade, forza e fortaleza defensiva. A SD tocou e tocou, tivo o dominio do balón pero non era quen de crear perigo. Tentouno Eloy dende lonxe con un tiro que desviou a corner Jose Angel moi seguro. Un centro de Jacobo rematouno fora Mario na mais clara ocasión antes do descanso. O equipo local contiña e saia á contra, e buscaba crear perigo nun dos seus puntos fortes, o xogo a balón parado.


No segundo tempo o partido baixou de ritmo, e a SD viase imposibilitada para crear perigo na meta local. Manoliño estaba moi so na punta carnotana, pero pelexouse ben coa defensa da SD e creou un par de situacións de perigo. Cos cambios a SD aumentou o acoso á area de Jose Angel, pero ainda así non tivo situacions verdadeiras de perigo. O acoso nos ultimos minutos foi grande e producto del veu o gol da igualada que deixa un marcador axustado ó que pasou no terreo de xogo.