lunes, enero 26, 2009

S.D.SOFAN 0 - CASTRIZ C.F. 4

Clara derrota da SD no seu fortín do Carral nun partido marcado polas condicións climatolóxicas que deixaron o campo con moito barro. Ainda así o graderío presentou unha boa entrada de público. Alinearon ambos equipos a:

SD SOFAN: Carlos Tojeiro, Victor Docampo, Diego (Manolo Varela 61´), Juanjo, Gustavo, Mario (Alex 73´), Bertin, Santi, Suso Docampo, Eloy e Abel (Berti 70´).

CASTRIZ CF: David, Martin, Toniño, Alex, Alberto (Roberto Souto 67´), Jota, Koeman (Torreira 89´), Cilindro(Mauri 76´), Noli, Sebas (Mara 83´) e Damian.

ARBITRO: Acuña Piñeiro, que amonestou a Mario e Abel por parte local e a Alex, Alberto, Sebas e Mara por parte visitante. Expulsou a Gustavo no min. 72 por unha entrada a Sebas.

GOLES:
0-1 m.14 balon rexeitado pola defensa da SD ó borde da area que engancha Jota coa zurda e transforma o primeiro da tarde

0-2 m. 31 Falta directa que transforma Jota esta vez coa dereita
0-3 m.60 Pase en profundidade de Jota que Noli non desaproveita no man a man
0-4 m. 83 Despexe de Carlos que chega ós pes de Noli e este marca elevando o balon sobre o porteiro

Mala tarde da SD que viu como un Castriz ben plantado no terreo de xogo tivo de cara o partido dende os primeiros instantes. A presencia de Jota case como segundo punta dou moi bo resultado, pois foi él quen decidiu o partido con dous grandes lanzamentos dende fora da area. A SD tentouno combinando ben, entrando por bandas pero estivo escaso de remate. O porteiro visitante David solo foi inquietado no primeiro tempo por un tiro lonxano de Abel e outra xogada na que unha gran combinacion entre Santi, Suso e Eloy non chegou este por pouco. O Castriz co marcador a favor mostrouse moi seguro na linea de contencion, ben apoiada por Koeman e Cilindro no medio do campo, e lanzaban rapidas contras que inquietaron constantemente á defensa local. Con 0-2 foise ó descanso.

A SD seguiu igual no segundo tempo, dando un bo trato ó balon a pesar do estado do terreo de xogo, con Santi como xefe de operacións. Pero o terceiro gol matou o partido. A partir de ahi o Castriz dedicouse a administrar a renta e a SD, con todos os homes botados para adiante, foi incapaz de anotar un tanto, ainda que Bertin e Victor entraron moi ben por banda dereita, e Eloy combinou con acerto pola esquerda. Reclamouse un posible penalti por mans de Toniño e pouco despois Gustavo foi expulsado de maneira bastante rigurosa. O cuarto gol non fixo mais que afondar na ferida local.