lunes, enero 19, 2009

CORCUBION U.D. 1 - S.D. SOFAN 0

Sorpresa no Novo Cubaleiro, onde a particular besta negra dos sofanistas esta tempada os derrotou nun partido igualado onde os visitantes erraron numerosas ocasións de gol que pagaron caro. Día de aire no sintético corcubiones, con boa entrada de público alinearon ambos equipos a:

CORCUBION U.D. - Cristian Lourido, Carrillo (Paulo 59´), Chisco, Gustavo, Jose Maria, Valucho, Penedo (Christof 75´), Andres Quini, Mario (Nando 87´), Senen (David 71´), Pablo Lestón (José 63´).

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Christian (Alex 66´), Oscar (Gende 46´), Juanjo, Gustavo, Mario, Manolo Varela (Santi 53´), Victor Docampo, Abel, Bertin e Berti (Suso Docampo 76´)

ARBITRO: Varela Silva, que amonestou a José Maria, Penedo, Andres, Pablo e David por parte local, e a Gustavo e Mario por parte visitante.

GOL: 1-0 m.50 Gustavo transforma un penalti coa sua seguridade habitual.

Empleouse a fondo o Corcubión para levar os tres puntos no día de onte. Ainda que o Sofán empezou mandón, levando o peso do encontro, as contras locais fixeron bastante daño. Penedo e Pablo mostráronse moi habilidosos e crearon perigo unha e outra vez por banda esquerda. Foi Pablo o que tras gran xogada individual enganchou un tiro cruzado que sacou en gran parada o debutante Carlos. Posteriormente un saque rápido dunha falta escorada a piques estivo de sorprender ó equipo visitante. O Sofán buscaba o ataque rápido por bandas. Victor estivo moi activo neste periodo, entrando varias veces con perigo, ainda que os seus centros non foron aproveitados polos atacantes rojillos. Unha gran xogada súa foi rematada por Mario na boca do gol e Lourido respondeu con reflexos sacando o balon co pé. Outra boa combinacion por banda dereita acabou con tiro do propio Mario que saiu rozando o traveseiro. Berti facía ben a sua labor de home-boya pero non lle chegaron balóns claros. Abel en banda esquerda tivo un par de xogadas individuais clarísimas, sobre todo unha na que se viu obrigado a rematar coa perna esquerda cando se encontraba solo diante do porteiro e enviou o balón fora.

O segundo tempo iniciouse cunha clara ocasión visitante nunha internada de Bertin que centrou e ninguén chegou ó remate na linea de gol. A raiz do gol local o partido entrou nunha fase de lentitude e perdidas de tempo que non favoreciu o ataque visitante. As ocasións chegaron a contagotas a pesar do incesante acoso, e ainda o Corcubión nun afortunado centro foi quen de enviar un balón o pao da meta sofanista. A SD tivo boas opcións na recta final do partido, con duas claras ocasións de Abel e unha de Santi que non foron gol de milagro. Neste período o fútbol foi mais embarullado e non tivo a claridade nin a tranquilidade suficiente o Sofán para saber impoñerse ó colista, que respira fondo con este resultado.