lunes, enero 12, 2009

S.D. SOFAN 4 - MUROS 4

Partido dos que fan afección o vivido onte no Carral, con dous equipos que se entregaron ata a última gota de sudor e que igualaron ante o regocijo do lider Ponteceso, que ve como se aumentan as distancias cos seus perseguidores tras a comprometida xornada de onte. Gran ambiente con cerca de 200 espectadores nas gradas que tiveron en todo momento un comportamento exemplar.


S.D. SOFAN: J.R., Victor Docampo, Gustavo, Juanjo, Gende, Mario, Eloy (Marquitos 50´), Bertin, Suso Docampo, Abel, Berti (Alex 85´).

MUROS: Lupi, Manu Dosil (Aaron 76´), Ivan, Mayuyo, Chapote, Adan, Gelo (Bibi 63´), Kiko, Sexo, Jaro (Xurxo 86´), Piti.


ARBITRO: Blanco Bravo, que amonestou a J.R., Gende, Victor Docampo, Mario e Marquitos por parte local e a Sexo e Mayuyo por parte visitante.


GOLES: 0-1 m.8 Falta lanzada por Mayuyo que Gus introduce en propia porta
1-1 m.19 Abel de cabeza
1-2 m.37 Piti recibe un balon en largo, controla coa sua habitual pericia e marca coa zurda. Un golazo.
2-2 m.41 Abel revolvese na frontal da area e marca de disparo duro e axustado.
2-3 m.45 Saque de banda que rexeita a defensa e empalma Jaro coa zurda de maneira imparable.
2-4 m.47 Sexo de penalti
3-4 m.54 Tiro de Abel que empuxa Berti na area pequena
4-4 m.86 Bertin de libre indirecto dentro da area


Comenzou o partido moi intenso por ambas partes. A primeira ocasión tivoa Eloy nun libre directo que se lle foi alto, e acto seguido veu o gol dos visitantes que supuxo un mazazo para o Sofan. Ainda así a reacción foi rápida e tras un disparo de Berti chegou o gol de Abel. Foron os mellores minutos dos locais, que acosaron a meta de Lupi a base de garra e intensidade. Unha gran combinacion entre Eloy e Suso acabou con un bo remate deste, Gende rematou un corner alto e Bertin disparou desviado dende o borde da area. O Muros saia ben á contra, apoiando case todo o xogo nun Piti inconmensurable e buscando en todo momento a velocidade de Jaro e Sexo. J.R. tivo que enviar a corne un remate de Kiko e pouco despois chegou o gol de Piti. O partido era un toma e daca e Abel, en estado de gracia, empatou pouco despois. Parecia que o partido se podia desnivelar hacia o lado local pero o golazo de Jaro no desconto levou ós xogadores ós vestiarios.


O segundo tempo empezou igual de movido, pois a sociedade Piti-Sexo creou da nada un claro penalti que o propio capitan muradán se encargou de transformar. Berti acortou distancias pouco despois, pero parecía como se a intensidade do primeiro tempo deixara sen pilas os locais, que non conseguian crear xogo nin ocasións. Este tramo do partido foi dominado polos homes de Felipe, que daban sensación de perigo en cada ataque que facían. Piti, vaia recital o seu, surtía continuamente de balóns os seus compañeiros pero a verdade é que houbo menos ocasións nesta parte. Lanzou Kiko fora no min. 55 e pouco despois foi Jaro o que non definiu. Tivo Piti outra boa ocasión ainda que chegou algo forzado ó remate. A SD tentouno a base de garra, e tivo premio nun libre indirecto final que Bertin transformou con frialdade polo medio da barrera. Igualada que non favorece nin a un nin a outro e os distancia dous puntos mais da cabeza da taboa.