miércoles, enero 14, 2009

ADRIAN GARCIA LESIONADO DE GRAVIDADE

Mala nova a que chegou onte ó adestramento da SD, pois o seu extremo Adrián Garcia confirmou os peores presaxios con respecto a lesión de xeonllo que sufrira no partido disputado no Pinguel. O que en principio parecía un esguince resultou unha rotura do cruzado confirmada pola resonancia realizada a semana pasada. Á espera de novas probas, o mais probable é que o xogador teña que pasar polo quirófano e perderse así o que resta de tempada.

Era Adrian un dos fixos de David Baña, cuarto e minutos xogados e xa tiña anotado 4 tantos. É unha baixa moi importante a do xoven xogador, que agora terá que demostrar paciencia para recuperarse o mellor posible e seguir dando boas tardes de fútbol á SD.