domingo, enero 04, 2009

PONTECESO 2 S.D. SOFAN 4

Machada da SD no inaccesible O Pinguel, onde os carballeses se impuxeron ó lider Ponteceso e lle dan vidilla á liga da Costa. Partido intenso, de ritmo alto, onde os dous equipos xogaron de poder a poder. Ó redor de 200 afeccionados presenciaron este choque de trens. Alinearon os dous equipos a:

PONTECESO S.D. - Pombo, Cano, Dani Pallas, Adrian, Mato, Tucho (Mendieta m.63), Nando (Ruben m.46), Miguel Martinez (Salva m.85), Torrado, Carlos Puga (Neucha m.63) e Toniño (Javi Rañal m.59).

S.D. SOFAN - José R., Christian (Adrian m.46)(Berti m.73), Gustavo, Gende, Juanjo, Mario, Varela (Suso Docampo m.46), Eloy, Victor Docampo (Oscar m. 86), Bertin, e Abel.

ARBITRO: Rodriguez Campos, que amonestou a Pombo, Mato e Miguel Martinez por parte local, e a J.R., Christian, Varela e Mario por parte visitante. Expulsou a Adrián no minuto 56 por doble amonestacion.

GOLES: 1-0 m.6 rapida contra pola esquerda, centro medido de Carliños e Tucho marca de cabeza entrando dende atras.
1-1 m. 35 indecisión entre Adrian e Pombo que aproveita Abel para meter a punteira e empatar
1-2 m.51 penalti que transforma Mario
1-3 m.62 rápida galopada de Abel que se planta ante Pombo e o bate na sua saída.
1-4 m. 75 Bertin recibe en profundidade e anota
2-4 m.86 Carlos Mato de cabeza

O encontro empezou de maneira electrizante, pois na primeira accion de perigo visitante Pombo derribou a Abel, e o correspondente penalti lanzouno Eloy fora. Pouco despois chegou o primeiro gol local, ante o desconcerto da SD, que non encontraba o seu sitio no terreo de xogo. O partido era moi competido, os dous conxuntos demostraban coñecerse á perfección e non habia respiro. Duas novas contras xeraron perigo na meta de J.R. e unha delas acabou con un remate ó longueiro. Pouco despois Pombo respondeu cunha gran parada a unha volea de Varela. Abel pelexou todos os balóns e foi un pesadelo para a defensa local. Nunha xogada por banda esquerda de Victor Docampo chegou o empate, e os últimos 10 minutos do primeiro tempo foron para o equipo visitante.

A variación táctica dos de Baña sorprendeu ós locais á saída dos vestiarios e unha man de Adrian dentro da area transformouna Mario poñendo en ventaxa os locais. A expulsion de Adrian pouco despois foi definitiva para un Ponteceso que abusou do futbol directo, ante o que os homes defensivos da SD se mostraron seguros. As contras do Sofán foron mortais, e primeiro Abel e logo Bertin ampliaron o marcador. Ainda Suso e Adrian tiveron as suas oportunidades pero non foron capaces de transformar. O Ponteceso xogou á desesperada pero solo Mato foi quen de transformar.

Resaltar a lesión do visitante Adrian que se retirou con fortes dores no xeonllo, e parece que tras as primeiras exploracións sufre un dobre esguince que posiblemente o aparte do Sofan - Muros da semana que ven.

Foto cedida por www.quepasanacosta.com