lunes, noviembre 24, 2008

S.D.SOFAN 3 - SANTA COMBA B 2

Tarde de auga e goles no Carral, onde un Sofan superior puido golear e acabou pedindo a hora ante un animoso filial. Boa asistencia de público, terreo de xogo en perfecto estado e momentos de bo fútbol que gustaron á parroquia local.

S.D. SOFAN - Jose R., Diego, Gustavo (Oscar m.78), Juanjo, Gende, Varela (Marquitos m.56), Mario, Adrian, Abel (Berti m.80), Bertin (Suso m.70) e Eloy (Alex m.83)
SANTA COMBA B - Santi, Juanillo (Nacho m.73), Esteban (Micael m.52), David, Solis, Matias Pazos, Pio, Tuco (Oscarín m.64), Marcos Facal (M.Negreira m.64) Churian e Aldo (Paco m. 58)

ARBITRO: Ferreño Presedo, sin amonestados

GOLES: 1-0 m.8 Internada de Abel por banda esquerda, o seu centro rexeitao a defensa e Varela chegando dende atras empalma o balon dende o borde da area e marca
2-0 m.67 gran pase en profundidade de Eloy a Abel que engancha un trallazo que case rompe a rede
3-0 m.72 Diego cola pola escadra unha falta escorada
3-1 m.84 Oscarín engancha un zurdazo que se mete pegado ó pao
3-2 m. 90 Micael tras varios rexeites

Imprimiu un alto ritmo a SD dende o principio e as ocasions foron caendo pouco a pouco. A choiva meteorolóxica añadiuse a futbolistica. Adrian e Abel por banda foron uns autenticos puñais e completaron un gran partido. O gol inicial asentou se cabe mais o futbol dos locales. Mario ganaba todos os balons no medio campo e o xogo era lanzado con rapidez os dianteiros. Abel en duas ocasions, Mario a saida de dous corners e Adrian, unha de cabeza e outra case na linea de gol, non marcaron de milagro. Parecia mentira que solo se sumara un gol no casilleiro, pero o futbol é caprichoso e o filial estivo a piques de empatar nun tremendo trallazo á saida dun corner que J.R. detivo na parada da tarde e quen sabe se da temporada. O descanso chegouse con 1-0 e a sensacion de ter desperdiciado a oportunidade de sentenciar o partido.

O Santa Comba saiu con animos renovados no segundo tempo, e comezou a levar o peso do partido, pero foi un espellismo e o gol de Abel e posteriormente o de Diego sentenciaron o choque. A seguridade defensiva dos locais era de un alto nivel, e o equipo tivo mais ocasións para redondear un marcador de escandalo, pero a confianza nos intres finais fixo que o Santa Comba se acercase no marcador e fixese sufrir á parroquia sofanista. A pesar das importantes baixas a SD demostrou que ten un plantel amplio e competitivo, que boa falta vai a facer ante os importantes choques que se aveciñan. O primeiro, o domingo no Carral ante o Xallas de Toni e Jesus.