lunes, noviembre 10, 2008

S.D. SOFAN 1 - MONTELOURO 1

Decepción na parroquia local, que viu como na tarde de onte o seu equipo completou unha gran primeira parte na que puido golear ó Montelouro pero baixou o ritmo na segunda, recibiu un gol, acabou xogando con 10 homes e mostrouse impotente para levarse os tres puntos. Tarde de frio con 150 afeccionados na grada do Carral, e terreo de xogo en perfecto estado.

S.D. SOFAN - Jose R., Christian (Gende m.88), Diego, Juanjo, Gustavo, Mario, Pizo, Eloy (Suso m.77), Berti (Bertin m.69), Adrian (Abel m.73) e Varela (Marcos m.50)
MONTELOURO U.D. - Juan Carlos, Alvaro, Pedro, Cesar, Gael, P.Garcia (Carlos m.80), Pulpo, Tono, Alberto, Rico e Chema (Eloy m.70)

ARBITRO: Lopez Vila, que amonestou a Varela por parte local e a Cesar, Gael, Tono e Alberto por parte visitante. Expusou a Mario (m.81) do Sofan e a Rico (m.88) do Montelouro

GOLES: 1-0 m.43 Trallazo de Diego que rechaza como pode J.Carlos e Varela na boca de gol remacha coa cabeza 1-1 m. 65 Centro dende a dereita do ataque do Montelouro que remata de maneira impecable P.Garcia ó fondo das mallas.

Saiu a SD presionando moi forte ó equipo visitante. Os de Nieto plantaron de inicio unha linea de cinco homes atras que non lle dou os froitos desexados, pois o dominio do xogo era totalmente local. A forte presión no mediocampo traduciase en roubos e rápidos ataques que tiñan ó tridente Adrian-Eloy-Berti como protagonistas. Berti fixo unha gran labor na punta do ataque e Adrian entrou por banda en multiples ocasions con perigo. Un trallazo de Varela dende 30 metros sacouno de maneira prodixiosa J.Carlos. Pouco despois meteu outra man a un pepinazo tremendo de Eloy que acabou batendo na escuadra. Eloy lanzou unha falta e cando xa se cantaba gol un defensa sacou o balon coa cabeza. O acoso da SD neste tempo foi tremendo, lanzando 7 corners e bombardeando a meta dun gran J.Carlos, polo que parece que non pasan os anos. O gol a pouco do descanso facia xustiza.

O segundo tempo foi mais apatico por parte local. Tivo Diego un par de boas ocasions. O lateral mostrouse moi incisivo pola sua banda. Bertin e Abel tamen puideron marcar, pero o meta visitante mostrou a sua calidade. Nunha xogada á saida dun corner empatou Pedro Garcia. A partires de ahi a SD xogou con mais corazon que cabeza, e a expulsion de Mario acabou por finiquitar o partido, pois os locais non foron capaces de crear case ningunha ocasion de perigo. O Montelouro levase un punto tras un partido moi práctico, ainda que na opinion de quen escribe o resultado xusto sería a victoria local. Agora toca pensar no derbi do proximo fin de semana