lunes, noviembre 17, 2008

SAN LORENZO 2 - S.D. SOFAN 2

Igualada no derbi disputado no campo das Pedreiras, ante cerca de 300 espectadores que disfrutaron dun primeiro tempo apaixoante e dun segundo onde os equipos preferiron ser un pouco mais conservadores. Terreo de xogo en perfecto estado. Alinearon ambos equipos a:

SAN LORENZO: Poli, Puñal, Fabian, Angel, Fran Borrazas (Fran Fariña m.70) Manin (Mata m.89) Pedro, Anxo (Chucho m.72) Sergio Fariña, Oscar e Marcos Cancela
SD SOFAN: Jose R., Christian, Diego, Gustavo, Juanjo, Pizo(Alex m.80) Varela (Gende m.46) Eloy, Adrian (Berti m.70) Abel (Suso m.61) e Bertin

ARBITRO: Alvarez Vega que amonestou a Fabian, Manin, S.Fariña, F.Fariña e Chucho por parte local, e a Diego e Adrian por parte visitante.

GOLES: 0-1 m. 14 pase en profundidade de Pizo a Abel que lle gana a espalda ó seu marcador e bate a Poli na sua saida
0-2 m. 29 Balon calcado o anterior a Adrian, que cede a Bertin para que marque a porta vacia
1-2 m. 36 centro de Manin que se envenena e sorprende a Jose R.
2-2 m.42 corner que remata Cancela libre de marca no segundo pao

Saiu a SD replegada e buscando con descaro as contras. O San Lorenzo tentou rasear o balon nos primeiros minutos pero co paso do tempo dedicaronse a buscar a Oscar e Cancela na punta do ataque con balons largos. O gol de Abel, nunha contra perfectamente levada, reafirmou ós visitantes na sua idea, e poideron marcar outro gol nunha xogada idéntica que novamente Abel enviou ó pao. Pouco despois chegou o gol de Bertin e parecia que a SD se ia levar o partido con facilidade. Nada mais lonxe da realidade. O San Lorenzo, con Manin de motor e Oscar rematando todo balón que caia na area, comenzou a apretar. O afortunado gol do centrocampista doulle alas ó equipo, e unha vez mais a SD encaixou un gol a balon parado, o talon de aquiles dos de Baña.

Na segunda parte o Sofan pasou a xogar con cinco defensas, dando mais liberdade a Diego para que subira pola sua banda. O partido non mantivo o intenso ritmo do primeiro tempo, calmouse un pouco, e as ocasions foron contadas. O San Lorenzo tentou de seguir presionando con balons largos, pero foi a SD que tivo as oportunidades mais claras. Primeiro Eloy enviou unha falta ó pao da meta de Poli, e posteriormente nunha indecision da defensa local Adrian Garcia marrou a porta valeira a ocasion mais clara do partido. Con todo esto, o empate podese considerar xusto xa que os dous equipos tiveron os seus momentos brillantes e xogaron de poder a poder en todo momento.

Destacar a limpeza coa que se disputou o derbi, tanto no terreo de xogo como na grada, que reafirma as boas relacions existentes entre os clubes. Desafortunadamente, a SD lévase tres lesionados, dous deles de gravidade, en lances fortuitos do xogo: Eloy sufriu un pequeno corte na cabeza, Pizo unha luxacion de clavicula e Christian rotura parcial do menisco, a falta das probas que lle seran efectuadas hoxe.