domingo, diciembre 02, 2007

S.D. SOFAN 3 MONTELOURO U.D. 0

Partido completisimo da SD, que desarbolou ó Louro nun excepcional primeiro tempo e se dedicou a administrar a renta no segundo. Moito publico no Carral en tarde fria.

S.D. SOFAN - Costa, Baneira (Pancho m.80), Gustavo (Oscar m.78), Juanjo, Gende, Pizo (Marcial m.80), Adrian, Bertin, Berti, Suso Docampo(Cristian m.73) e Victor Docampo.
MONTELOURO U.D. - Juan Carlos, Cesar, Eloy (Antonio m.46), Gael, Tono, Pulpo (Luis m.46), José Maria, Rico, Piti, Cexo e Edu.

ARBITRO. Borja Sanchez Garcia. Amonestou a Gende e Victor por parte local, e a Cexo, Rico e Antonio por parte visitante. Expulsou a Pancho no minuto 89.

GOLES: 1-0 m.11 Adrian recibe pegado á banda esquerda, recorta e coa dereita engancha un trallazo que entra pola escadra da meta visitante. 2-0 m.40 Combinacion de Suso e Adrian, que cede o balon a Victor e este de magnifica volea bate a Juan Carlos. 3-0 m.76 Adrian pasa o balon en profundidade a David Baneira, este centra e Cristian engancha un dereitazo que se cola pola escadra.

Que magnifico primeiro tempo xogou a SD, impoñendose en todo momento ó Montelouro, creando numerosas ocasions cun futbol moi vertical e mostrandose segurisimo en defensa a pesar de xogar por momentos asumindo bastantes riscos que posibilitaron algunha contra dos visitantes. Sen embargo, foi o Louro quen dou o primeiro susto, nunha falta que golpeou Cexo, rebotou nun home na area e o balon petou no longueiro. Na seguinte xogada foi Adrian o que se presentou solo diante de Juan Carlos e por duas veces non foi capaz de batilo nunha clarisima ocasion. Pero si que acertou a continuacion, anotando o seu habitual gol no Carral, onde ten acostumada á afeccion a tantos de bonita factura. Neste tramo de partido Adrian foi un puñal pola sua banda, apoiandose moi ben en Berti, que completou un grandisimo partido, aguantando o balon con clase e dando fluidez ó xogo ofensivo. Os irmans Docampo combinaron un par de veces con perigo, demostrando gran entendemento entre eles. No minuto 29 anulouselle un gol a Victor de maneira incomprensible por fora de xogo, e pouco despois Juan Carlos respondeu con un paradon a tiro de Suso. A unica ocasion visitante neste tramo de xogo foi unha contra á que respondeu Costa saido presto a cortar a internada de Cexo. O segundo tanto facia xustiza e co 2-0 foronse os equipos ós vestiarios.

O segundo tempo foi de tramite, pois o Louro nunca puido penetrar na telaraña defensiva da SD, e polo contrario os contragolpes locais pecaron de falta de definicion. Costa realizou unha gran parada a tiro de Rico primeiro e a centro de Cexo pouco despois. Berti xogou bordeando o fora de xogo e o colexiado estivo algo riguroso sinalando un par deles. Pizo cansouse de roubar balons no medio do campo e de asistir á zona de ataque. Tivo un gran tiro Berti que saiu fora por pouco, e primeiro Victor e logo Suso non aproveitaron duas boas xogadas do dianteiro. O 3-0 é un resultado xusto, pois hoxe viuse un equipo con fame de victoria dende o primeiro minuto, que non cometeu erros defensivos e que buscou a porteria con ahinco.