domingo, diciembre 16, 2007

NANTON C.D. 3 S.D. SOFAN 3

Volviuse a mostrar caprichoso coa SD este maravilloso deporte chamado futbol, pero esta vez favorecendo os intereses sofanistas. Nada facia presaxiar o resultado final no minuto 65 cando Luis Giance convertia o penalti co que fora sancionado o Sofan, que supoñia a expulsion de Costa e o 3-0 no marcador. Pero nunha mostra de casta e caracter, a Sd, con Baneira de porteiro, remontou o partido nuns 15 minutos finales electricos, e incluso se puido levar a victoria no ultimo suspiro. Alinearon os equipos a:

NANTON CD - Ernesto (Rizos m.79), Pichel, Diego, Victor Pereira (Marcos m.75), Sito, Victor Amado (Jose m. 62), Javi Peon, Manolo do Cruceiro, Luis, Serra(Felix m. 89) e Carlos Vidal(Adrian m.70).
SD SOFAN - Costa, Baneira, Oscar (Gustavo m.61), Juanjo, Gende (Varela m.66), Pizo, Adrian (Eloy m.66), Bertin, Berti (Cristian m.66), Suso e Victor Docampo (Marcial m.61).

ARBITRO: Baldomar Obelleiro. Amonestou a Victor Pereira e Carlos Vidal por parte local e a Pizo por parte visitante. Expulsou a Costa no minuto 63, e ós xogadores do Nanton Diego (m.72) e Manolo (m.90), este con roja directa.

GOLES: 1.0 m. 23 Carlos Vidal fai un sombreiro a un defensa visitante e engancha unha volea tremenda que se cola pegada ó pao longueiro 2.0 m.39 gran combinacion entre Luis e Manolo e este bate a Costa na sua salida 3.0 m. 65 Luis de penalti 3.1 m.78 Internada de Bertin por banda e Suso remacha na area pequena 3.2 m. 83 Cristian resolve un barullo 3.3 m. 87 Bertin de penalti.

Tarde fria pero moi apropiada para a practica do futbol nas Fontiñas, con moito publico visitante, mais numeroso que o local. Dominou de principio a SD, pero sin crear perigo algun. Si que tivo o Nanton unha clara ocasion nas botas de Luis, que salvou cunha vaselina a Costa na sua salida pero Gende evitou o gol debaixo dos paos. Pouco despois Luis, un autentico pesadelo para a defensa do Sofan, disparou fora, e nestas chegou o primeiro tanto. Eran os mellores momentos locais, que basearon o seu futbo nunha rocosa defensa, con Sito e Victor moi seguros, e nos balons que enviaban a Luis en largo. As chegadas de Carlos, Manolo ou Serra na segunda liña daban moitos problemas á SD. O segundo gol facia xustiza no marcador ó descanso.

No segundo periodo saiu o Sofan con mais brios, e Baneira realizou un gran remate á saida dun corner, pero acto seguido Costa salvou os muebles nunha clarisima opcion de Luis. O penalti e a expulsion de Costa parecian sentenciar o partido, pero de repente viuse un encontro novo. A SD adiantou liñas, arriscou moito na liña defensiva e comenzou a entrar por bandas, con un Bertin pletorico, que serviu os goles, recibiu e marcou o penalti, e cedeulle outro balon a Suso que este estivo a piques de transformar no cuarto da tarde. Juanjo e Eloy na banda dereita fixeron estragos, e a loita e o acerto de Cristian no ataque fixeronse notar. O empate final é un mazazo para o Nanton, que foi merecedor da victoria, pero non tivo a sorte de cara no dia de hoxe.