domingo, noviembre 25, 2007

ESTEIRANA 1 S.D. SOFAN 3

Gran victoria do Sofan na tarde de hoxe nun campo complicado, que reafirma o bo momento do noso equipo neste final de primeira volta.

ESTEIRANA: Luqui, Chispi, Mingos Pablo, Pepe, Uro, Cajulo, Martin, Aitor (Sergio Varela m.46), Damian (Abel m.64), Kike.
SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira (Pancho m.76), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Victor, Marcial (Bertin m.72), Cristian (Berti m.64), Suso e Adrian (Oscar m.76).

ARBITRO: Zas Vazquez, que amonestou a Pepe e Kike pola Esteirana, e a Marcial pola SD

GOLES: 0-1 m 9 Internada por banda de Victor que cede o balon a seu irman e este case sin angulo cruza ante a salida do gardameta 0-2 m. 69 Centro a area, producense uns rexeites e Adrian remata a gol 0-3 m. 80 Suso recibe na frontal da area, recorta e engancha un dereitazo que bica as mallas 1-3 m.87 Falta botada moi cerrada e ante a pasividade da defensa Sergio Varela remata de cabeza e marca

Intentouse adaptar a SD dende un principio ás condicions do terreo de xogo facendo un futbol practico explotando o seu forte, a velocidade en banda e buscando con rapidez a pelea de Cristian e Suso en punta. O tempraneiro gol dou confianza ó equipo, que so pasaba apuros en balons longos á espalda da defensa visitante, buscando sobre todo a Kike, o seu mellor home. Este xogador marrou unha clara ocasion á media hora nun claro remato que saiu alto. O Sofan montou un par de contras con perigo pero faltou definicion ou sobro xenerosidade de cara ó marco rival.

Tentou de correxir a Sd as deficiencias do primero tempo tras o descanso, e a Esteirana solo asomaba en xogadas a balon parado. A defensa estivo contundente e a media moi traballadora, e coa chegada dos goles de Adrian e Suso o partido quedou sentenciado. Jose Ramon sacou un par de mans como en el é habitual, e a SD levouse un importantisimo triunfo nun dificil campo que da moral de cara a vindeiros compromisos