viernes, diciembre 28, 2007

SORPRENDENTE TRASPASO DE XOGADORES ENTRE A S.D. E O SAN LORENZO ¡¡¡

O longo do dia de hoxe rubricarase o traspaso do ano no futbol carballes, tras durisimas e tensas negociacions que non chegaron ás mans de milagro. Os xogadores da SD Bertin e Eloy pasarán a formar parte das filas do San Lorenzo de Verdillo, mentres que os medios Pedro Gomez e Manin corretearan o que queda de tempada pola pradeira do Carral.

Ambas directivas mostraron o seu consentimento a unhas negociacions que veñen de lonxe, e así os de Verdillo reforzan a zona do ataque con dous bos goleadores, e a SD incorpora xente consistente para o medio do campo, onde tiña bastantes carencias ata o momento.

En canto a cantidades economicas, Eloy e Bertin percibiran 2.500 € cada un polo que resta de tempada, e un piso en alquiler para compartir, condicion que exigiu Eloy, pois ó saber a nova botarono da casa.

As primeiras declaracions ó respecto fixoas Bertin, que expresou a sua alegria: "Sempre quixen xogar no Verdillo, o Sofan quedabaseme pequeno. No campo do Carral cando collo velocidade sempre acabo chocando co muro do fondo, e ademais a aficion anima tanto que xa teño os timpanos jodidos" Eloy, pola sua parte, ve neste traspaso un adianto na sua prometedora carreira, pois "non é o mesmo ter a Ricardo Serrano de delegado tocandoche os h... todo o dia que a xente seria que ten o San Lorenzo" Ademais, declarou que "tanto churrasco estaba a subirme o colesterol" O que si é fijo é que as mozas dos susodichos seguiran vindo ó Carral, e non se descarta unha ruptura matrimonial, pois é ben sabido que as duas son seguidoras "a muerte" da SD.

Por outra banda, Manin e Pedro non daban credito a esta operacion relampago, xestada na sombra. "Pensei que me ia retirar no Verdillo. Sintome como Albelda" declarou Manin. Pedro, pola sua parte, exigiu á directiva do Sofan o acondicionamiento dunha sala de pesas para manterse en forma, pois ultimamente estabase deixando moito.
Desexamoslle sorte ós catro na sua nova andaina e esperamos que non pase nada raro con estas negociacions NO DIA DE HOXE.