SD SOFAN - Costa, Baneira, Oscar (Marcial m.88), Juanjo, Gende, Pizo, Adrian, Bertin, Berti (Eloy m.83), Suso Docampo e Victor Docampo (Gustavo m.57)
ARBITRO: Daniel Rama Rama. Amonestou a Diego e Rafa Valiña polo Corme, e a Baneira, Gende, Adrian e Pizo polo Sofan
GOLES: 0-1 M.39 Falta ó borde da area que Berti coloca na mismisima escadra de un tremendo zurriagazo. 1-1 m. 70 Costa non acerta a blocar o balon, Iago cede a Rafa Valiña e este iguala o encontro cun tiro esquinado 1-2 m.84 Magnifica xogada entre Adrian e Baneira por banda dereita que acaba con un centro do lateral rematado por Suso de cabeza ás mallas. Un golazo. 2-2 m. 94 Rafa Valiña recibe escorado en banda esquerda e largase un trallazo inapelable que entra por todo o angulo. Outro golazo.
Dia de tormenta en Corme, que como diria o mismo Peman, alternou nubes e claros. Co xogo pasou algo parecido, pois a momentos de moita emocion e intensidade sucederon outros menos vistosos. De todas maneiras os dous conxuntos demostraron o porque da sua clasificacion e ofreceron un bo espectaculo.
A SD mostrouse moi compacta, sen pasar demasiados apuros no primeiro tramo de partido, e enlazando boas xogadas en ataque, con un Suso moi participativo. A primeira ocasion tivoa o mellor home local, Rafa Valiña, que enganchou un tiro dentro da area que saiu fora por pouco. O ex-sofanista foi un pesadelo para os do Carral.
O Corme saiu a por todas no segundo acto. Felipe quedou no vestiario por lesion, pero os xovenes dianteiros cormelans moveronse moi ben e crearon algunha situacion de perigo. Ainda asi a defensa visitante mostrouse segura nos balons aereos e ata o gol do empate non pasara por grandes apuros. Foi a partir da igualada cando se viu a un Corme que si que parecia poder levarse o partido. Pero no tramo final o Sofan, en un par de arreons creou varias xogadas de perigo que remataron co gol de Suso. Eloy tivo pouco despois a sentencia, pero xa se sabe, o que perdoa paga, e o Sofan pagouno caro. O golazo de Valiña cando xa pasaban 5 minutos do tempo regulamentado levou o delirio ás gradas e a decepcion ós afeccionados visitantes.