domingo, noviembre 04, 2007

SD SOFAN 3 CEE 1

Gran victoria a do Sofan na tarde de hoxe ante numeroso publico que se acercou ó Carral a ver como o Cee perdeu momentaneamente o liderato.
SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira, Gustavo, Juanjo, Varela (Gende m. 27), Pizo,Victor Docampo, Pombo (Marcial m. 75), Bertin, Suso Docampo (Berti m. 79) e Adrian (Pancho m.87).


UC CEE: Mingos, Ruben Fiuza (Angel Otero m. 75), Julito, Jacobo, Dani Freire, Toni, Fermin, Bibi (Yanki m.46), David, Pioto e Leo.

ARBITRO: Diego Castelo Perez. Amonestou a Pombo e Pancho pola SD, e a Ruben Fiuza, Toni, e Fermin por parte do Cee

GOLES: 0-1 m. 36 Fran Pioto controla un balon largo e saca un disparo axustadisimo ante o que Jose Ramon non pode facer nada. Un golazo. 1-1 m. 41 Pase largo a Bertin que supera a Dani Freire en carreira e bate a Mingos na sua salida. 2-1 m. 72 Adrian recibe un pase largo por encima da adelantada defensa visitante, encara a Mingos e fusilao sin piedade 3-1 m.83 Pase largo de Pizo a Berti, este aguanta ben o balon no borde do area, cede a Victor que entraba en velocidade e o menor dos Docampo sentencia o partido.

Demostrou a SD raza e calidade a partes iguales para levarse o partido contra o lider. Cando peor pintaban as cousas para os locais, que viñan de unha pesima racha de tres derrotas seguidas, sairon á luz as virtudes de un equipo que debe de ir a mais no que resta de primeira volta. Aguantaron ó Cee cun plantexamento defensivo sobrio, e enlazaron perigosas contras que acabaron fulminando a arriscada defensa dos visitantes.

No inicio do partido o Cee parecia querer tomar o mando, pero comprobouse a falta de acoplamento ó reducido terreo de xogo. A defensa local mostrouse segura nos balons aereos e non pasaron por problemas. Pouco a pouco foi a Sd facendose co dominio, e mediado o primeiro tempo producense unhas mans clarisimans dentro da area do Cee que o arbitro non sanciona. O ambiente encrespouse e o xogo fixose algo trabado. Manolin foi expulsado e o espectaculo estaba mais fora do campo que no terreo de xogo. O gol de Pioto animou a cousa, e Bertin soubo responder con prontitude. O empate era xusto no medio tempo.

No segundo periodo o Cee arriscou para lograr a victoria, sacando a Yanki, pero a xogada saiulle mal, pois os locais souberon aproveitarse da adiantada defensa que plantexaron os lideres e continuamente martillearon as espaldas dos centrais. Victor Docampo tivo unha ocasion clarisima nun man a man con Mingos que soubo resolver o bo gardameta, pero no seguinte que tivo con Adrian non puido facer nada. Co marcador a favor os locais mostraronse seguros en defensa, con un Jose Ramon que sacou un par de mans providenciais. Un remate de cabeza de Yanki foi a ocasion mais clara do Cee, e Pizo levou a incertidume á grada con un trallazo dende 30 metros que petou na misma escadra. O gol de Victor foi definitivo e a pesar dos arreons visitantes no tramo final non se moveu o marcador.