domingo, octubre 28, 2007

BAIO 2 SD SOFAN 0

Caeu derrotado a Sd no Platas Reinoso, nun encontro no que o equipo careciu de profundidade, e o Baio cerrou o partido en duas xogadas a balon parado


BAIO - Trucho, Ramon, Santi Bomar, Diego Costa, Cristian, Dario (Diego), Martin (Fermin), Alberto (Adrian), Carliños (Carro), Gaspar (Victor S.) e David Costa




SD SOFAN - Jose Ramon, Victor, Baneira, Juanjo, Gustavo (Pancho m.69), Pizo, Pombo (Marcial m.66), Adrian, Suso, Bertin (Berti m. 75) e Cristian.

ARBITRO: Brea Sanchez, que amonestou a Alberto, Carliños e Adrian polo Baio, e a Baneira, Pombo e Bertin polo Sofan.


GOLES: 1-0 M.21 Corner a favor do Baio, producense unha serie de rexeites e Garpar acerta a meter a punteira para batir a Jose Ramon 2-0 m 39 Indecision da defensa do Sofan da que se aproveita Martin para marcar de volea


Tentou o Sofan levar o peso do partido de inicio mantendo a posesion do balon, pero varios roubos de balon serviron para que o brasileiro Gaspar creara un par de ocasions nos compases iniciales. A SD tocaba con criterio pero no lle creaba perigo a Trucho, e nestas chegou o gol inicial do ariete Gaspar, moi oportuno ó rematar un balon morto na area. O Sofan tivo un par de xogadas a balon parado, pero o porteiro Verdilles do Baio pasou no dia de hoxe unha tarde tranquila. Unhas posibles mans de Santi Bomar na area local provocaron as protestas dos visitantes, e a pouco do descanso Martin sentenciou a contienda.


O segundo tempo foi un tramite, pois nin os visitantes puideron crear ocasions, nin os locais quixeron forzar a maquina. O Sofan arriscou adiantando as suas liñas pero un Baio moi ordenado non pasou problemas defensivos, e lanzou algunha contra meritoria, pero hoxe non foi un dia de bo futbol en Baio, onde o equipo local se fixo cos tres puntos con un futbol moi practico.