SD SOFAN: Jose Ramon, David Baneira, Gustavo (Oscar m.72), Juanjo, Gende, Pizo, Adrian, Bertin (Marcial m. 89), Cristian, Suso Docampo e Victor Docampo (Berti m. 78).
ARBITRO: Manuel Ferreño Presedo, amonestou a Cristian por parte local e a Dario, Pedro e Alex por parte visitante.
GOLES: 0-1 m 26 Gende ó intentar despexar o balon introduceo en propia porta 1-1 m. 88 Suso define con un forte tiro raso un centro dende a esquerda.
Partido de brega nunha tarde incomoda para xogar ó futbol, ainda que todos os xogadores se emplearon con gallardia e brindaron un emocionante encontro os numerosos afeccionados que se xuntaron hoxe en Sofan. Os primeiros minutos foron de tanteo, ainda que os locales sempre levaron a iniciativa, con un Victor Docampo moi incisivo pola banda esquerda. Un par de centros del foron rematados fora, e o propio Victor tivo unha boa ocasion ós 18 minutos.
No segundo tempo a SD foi a por todas e con un futbol moi vertical multiplicou as chegadas á area co Camariñas, ainda que a primeira ocasion clara foi de Brais, salvada por Gende na linea de gol. As chegadas á area eran continuas por parte local, pero os centros paseabanse sen encontrar rematador, e os tiros saian altos ou encontraban a resporta de un seguro Marcos. Nestas chegou a mais clara do Camariñas, con unha gran xogada de Alex á que respondeu Jose Ramon con unha maxistral parada. A partir de aqui o acoso foi total por parte local.