domingo, octubre 21, 2007

SD SOFAN 2 MUROS 3

Segunda derrota consecutiva da SD, a primeira en casa no que vai de ano, nunha tarde moi afortunada do conxunto muradan, que sen expoñer practicamente nada levouse os tres puntos.

SD SOFAN - Costa, Victor Docampo (Gende m.88), Gustavo, Juanjo, Varela, Bertin, Suso Docampo, Pizo, Berti (Cristian m.61), Eloy e Adrian (Pombo m.46)
MUROS SD - Naso, Fran (Dani m.74), Gabriel (Abel m.86), Mallu, Maikel, Aaron, Adan (Xurxo m.60), Gelo (Alex m.80), Jarondo(Maxi m.49), Varo, Brais

ARBITRO - Borja Sanchez Garcia, que amonestou a Juanjo por parte local e a Naso, Fran, Gabriel e Aaron por parte do Muros.

GOLES - 1-0 m.21 Adrian recibe un balon en profundidade de Suso e bate a Naso 1-1 m. 30 balon que sale claramente fora do campo, é rebañado por Jarondo e Brais chegando dende atras establece o empate 1-2 m. 38 Falta bombeada á area local que peina Varela e introduce o balon na sua porteria 2-2 m. 60 penalti cometido sobre Eloy que transforma él mesmo 2-3 m. 72 remate frouxo de Gelo que se lle escapa a Costa das mans e introducese mansamente na porteria local.

Tarde moi calurosa no Carral, con numeroso publico nas bancadas. No primeiro tempo o partido foi de claro dominio local, que tras un inicio algo dubitativo tomou as riendas do xogo, entrando moi ben por bandas e disparando numerosas veces sobre a porta de Naso, pero unhas veces a defensa e outras a falta de punteria local impediron o gol. Ainda asi co tanto de Adrian faciase xustiza. Pero un erro de apreciacion do colexiado doulle en bandexa o empate ó Muros, e a pouco do descanso o gol en propia meta puxo ós muradans por diante, resultado que lles dou alas para afrontar o segundo tempo moi encerrados na sua area.

O acoso local foi incesante, con un futbol de calidade que acabou no empate de Eloy. Parecia que os locales se ian a levar o partido pero un novo erro doulle o gol a Gelo. O posterior acoso a base de balons largos foi infructuoso, e a pesar de merodear a area do Muros, o gol do empate non chegou.