domingo, diciembre 03, 2006

SD SOFAN 0 CARNOTA 1



ALINEACIONS:

SD SOFAN - Dani, Pancho, Gustavo, Gende, Varela, Pizo, José, Pablo Vazquez, You, Eloy e Marcos Cancela

CARNOTA- Luis, Nico, Ivan, Pedro, Sebas, Eli, Marco(Demetrio m.73), Martin, David(Toni m.81), Juanjo(Javi m. 69) e Pablo Beiro

ARBITRO: Alejandro Del Rio Amor, que foi moi protestado. Amonestou a Gustavo, Pablo, e Marcos Cancela por parte local, e a Luis, Nico, Eli e Martin polo Carnota. Expulsou a Gustavo no minuto 89 e a Demetrio no 94

GOL: 1-0 M. 32, Pablo Beiro recibe dentro da area e bate sorprendentemente a Dani polo pao corto.


Nunha tarde desapacible para a practica do futbol caeu derrotado a SD no seu feudo. O campo do Carral estaba encharcadisimo, o que propiciou un partido moi bronco e con escaso futbol. O equipo que aproveitou a sua ocasion levouse o partido.

O primeiro tempo mostrou a un equipo local que nunca encontrou o camiño da porta de Luis, segurisimo toda a tarde. Unicamente nun tiro de falta de Pizo que detivo o porteiro visitante disparou o Sofan entre os tres paos. O Carnota planteou un partido de loita, basado na sua seguridade defensiva e esperando que David ou Juanjo pescaran algun balon en ataque. Pero foi o extremo esquerdo Beiro o que marcou o gol.

No segundo tempo a SD si que dou a talla, peleando cada balon e encerrando ó Carnota na sua area a base de corners e faltas, pero onte non era a tarde dos dianteiros locais. Pablo Vazquez fallou no remate a escasos metros do gol, Cancela estivo moi incisivo por banda e provocou varias situacions de perigo que non acabaron en gol de milagro, Eloy lanzou unha falta que desviou o porteiro visitante de maneira magistral, e Varela disparou alto dende fora da area. Á contra o Carnota forzou algunha xogada de perigo , sobre todo nun penal inventado polo arbitro que detivo Dani. O encontro foi moi bronco no segundo tempo, e cada equipo acabou con dez homes.Unha pena a derrota do Sofan, que levaba unha boa racha na casa. O domingo en Cee haberá que recuperar os puntos perdidos na tarde de hoxe.