lunes, diciembre 18, 2006

C.D. BAIO 4 - S.D. SOFAN 2

Vaia partido mais extraño o disputado na tarde de onte no Platas Reinoso. Cada equipo avasallou o outro en un periodo, pero foi o Baio o que estivo mais acertado de cara a porteria. Nun dia perfecto para a practica do futbol, e co terreo de xogo en moi bo estado, xogaron:

CD BAIO - Julio,Ramon(Ivan Canosa m. 56), Diego Costa, Santi Bomar, Playa, Juan Ramon, Mario(Pablo Canillas m.69), Fredy, Alberto(Rodri m. 56), Victor Dominguez e Victor Silvarredonda(Felipe m.60)(Chino , m.68).

SD SOFAN - Costa, Pancho(Gustavo m.45), Gende, Varela, José, Cancela(Cristian m.53), Pablo Vazquez, Pizo, Eloy, Bertin(Mutio m.72) e Pabeto(You m 82).


GOLES: 1-0 m. 25 Victor Dominguez 2-0 m.29 Alberto 3-0 m. 36 Victor Silvarredonda 3-1 m. 49 Pizo 3-2 m. 59 Eloy 4-2 m. 88 Victor Dominguez

ARBITRO: José M. Castaño Diaz. Expulsou a Pablo Vazquez por doble amonestacion no m.73, e a Gustavo por roja directa no m.89. Amonestou o Chino por parte local.

Vimos onte un Sofan descoñecido no primeiro tempo, con moitas lagunas no medio campo e na defensa, que permitiron o Baio xogar con comodidade. Victor Dominguez e Alberto crearon moitisimo perigo xogando entre liñas. A SD nunca foi capaz de manter o balón no seu poder, ainda que asustou de principio con un par de contras que non foron capaces de marcar. A partir do primeiro gol do Baio o equipo descompuxose e o Baio xogou a placer. Mario e Fredy roubaban moitos balons e surtian ós dous Victor na punta do ataque. A sua movilidade foi un dolor de cabeza para a defensa local. O 3-0 co que se chegou ó descanso foi producto da efectividade local e da apatia visitante.

No descanso a SD quitou o disfraz de cordero e puxo o de lobo. É xusto decir que se comiu ó Baio no segundo tempo, e dispuxo de sobradas ocasions para darlle a volta ó partido, pero a machada non se produciu. Nada mais comenzar Pizo marcou un golazo de falta directa. Coa entrada de Cristian os centrais do Baio mostraronse desconcertados, e o noso pichichi tivo un man a man con Julio, dos que non soe fallar, pero o porteiro local estivo moi acertado. Foi Eloy pouco despois o que si bateu o gardameta. A partir de ahi o dominio do Sofan foi apabullante, cun Eloy que desbordou unha e outra vez. O equipo atacou en tromba e as ocasions foronse sucedendo, pero unhas veces por mala sorte e outras porque o Baio tamen xoga con porteiro, o empate non chegou. Como era loxico ante o risco que asumiu a SD, o Baio montou algunha contra perigosa, e case acabando o partido Victor Dominguez, moi fino na tarde de onte, resolveu con maestria ante Costa para sentenciar o partido.