jueves, diciembre 28, 2006

A SD FICHA A OSCAR "TERMINATOR" SUAREZ

De maneira sorprendente a SD Sofan anunciou na noite de onte a fichaxe de Oscar Suarez, dianteiro do San Lorenzo, para o que resta de tempada. Por cuestions laborales Oscar non estaba entrenando moito co equipo de Verdillo, e a inminente fichaxe dun dianteiro de superior categoria por parte dos de Agustin Elduayen, facilitou a saida do goleador hacia o campo do Carral.

Oscar, que conta con 32 anos na actualidade, xogou toda a vida no San Lorenzo, excepto tres tempadas, nas que formou co Bergantiños, Baio e Cabana, dando en todos estos equipos mostras da sua facilidade realizadora.

Este traspaso escociu moito no clube das Pedreiras, pois era o dianteiro un dos buques insignia do equipo, e nadie esperaba que fora reforzar ó eterno rival. A amizade entre él e o mister da SD Chema foi determinante na toma da decision, así como unhas cantidades economicas que se lle prometeron ó xogador por gol anotado e que faran mais rentable a sua presencia no Sofan. Desexamoslle sorte a Oscar nesta nova etapa, e a ver se non o acompañan pronto xogadores clasicos do San Lorenzo como Manin, Puñal ou Fabian, que nos consta que xa foron tanteados pola directiva da SD