domingo, noviembre 26, 2006

MONTELOURO U.D 0 - S.D. SOFAN 0


Vaia temporal o que soportou na tarde de hoxe a S.D. en Louro no aspecto climatoloxico, porque no futbolistico se un equipo mereceu a victoria ese foi o Sofan. Pouco publico no campo de Agra da Filgueira. No segundo tempo xogouse con alumbrado artificial.

ALINEACIONS:

U.D. MONTELOURO - Luis, Gael, Teo, Cesar, Tono, Molinos, Fernando, Freire(Manolito m.52), Alberto, Adrian e Sexo.

S.D. SOFAN - Dani, Pancho (na foto), Gustavo, Gende, Varela, Pizo, Eloy(You m.74), Pablo Vazquez, Cristian, Pombo e Marcos Cancela(Mutio m.70).

ARBITRO: Del Rio Amor, que amonestou por parte local a Teo, Freire, Adrian e Manolito, e por parte visitante, e a Pablo Vazquez, Cristian, e Mutio por parte do Sofan. Expulsou a Pombo no minuto 57 por doble amonestacion.

O vento foi protagonista do partido. O equipo que o tivo a favor foi o dominador desa parte do partido. No primeiro tempo foi a SD, que tras un inicio á espectativa, apretou e encerrou ó Louro na sua area, hilvanando xogadas de moito merito que non acabaron en gol de milagro. Cristian marrou un claro man a man a pouco de comenzar, e Cancela foi obxecto de claro penal por un empurron que o arbitro non quixo sinalar. Tanto Eloy como Cancela desbordaron moi ben en banda, e Pizo era o amo e señor do centro do campo, roubando e distribuindo o balon con eficacia. A defensa visitante non pasou por apuro ningun a non ser en un par de xogadas do incisivo Cexo, resoltas con gran parada de Dani a primeira, e con un balon ó pao nun centro cerrado a segunda. Pablo ten unha boa ocasion nun tiro dende fora da area, e unha falta lanzada por Pizo que rebota na barrera está a punto de colarselle a Luis.

No segundo tempo a expulsion de POmbo condiciona o desenrolo do partido. Os visitantes encerranse na sua area e buscan descaradamente o contragolpe. O Louro non ten as ideas claras e non genera ningunha ocasion de gol neste periodo. A defensa da SD mostrase inexpugnable, e Pablo Vazquez e Cristian levan o perigo na outra area. E o dianteiro do Sofan o que ten a ocasion mais clara, pero non resolve ben outra xogada na que encara ó porteiro con claridade. Unha pena, pois ainda cun home menos a SD adaptouse mellor ós condicionantes do match e mereceu os tres puntos.