domingo, diciembre 10, 2006

UNION CLUB CEE 1 S.D. SOFAN 0
















ALINEACIONS:

UNION CLUB CEE - Barca, Ruben Fiuza, Fermin, Sergio Estevez, Dani Freire, Toni, Carlos Leis, David Toja, Mario Toja( Jorge m. 90), Pablo(Fernando m. 60), Leo(Nando m68).

S.D. SOFAN - Costa, Pancho, José, Gende, Varela, Pizo, Eloy, Pablo Vazquez, Pabeto, Bertin(Pombo m. 66), Marcos Cancela(Mutio m. 62)

ARBITRO: Juan Manuel Varela Villar, sin complicacions.

GOL: 1-0 M.86, Centro bombeado que pilla a Costa fora da porteria e Mario remata de cabeza na mesma linea de gol.


Non mereceu perder hoxe a SD no campo dun dos gallitos da categoria, o Cee. No campo Novo As Raices viuse un equipo ben plantado, que no primeiro tempo lanzou contragolpes moi perigosos e gozou de algunha clara ocasion. O terreo de xogo estaba en algunhas zonas bastante blando e en mal estado. Notouse o partido do mercores co Deportivo da Coruña.

O Cee tivo o dominio do balon durante todo o partido, pero a SD aproveitou a defensa adelantada dos locais para montar algunha contra que mereceron acabar en gol. Pablo Vazquez rematou de volea de maneira magnifica e Barca realizou unha gran parada. Un defensa evitou o gol nunha falta que sacou Pizo moi cerrada. Pabeto retivo ben o balon na zona do ataque, e as incorporacions de homes de segunda linea resultaron moi perigosas. O Cee realizaba un futbol moi predecible, pero solo Mario con uns centros perigosisimos puxo en apretos á zaga visitante.

No segundo tempo o Cee, sabedor da derrota do Zas en Ponteceso, intensificou o seu dominio e encerrou os visitantes na sua area. Ainda así as ocasions non foron excesivamente claras. Costa, que realizou un gran partido, rexeitou un tiro de Toni, e Fernando fallou un man a man. Cando o cero a cero parecia un resultado xusto chegou o gol de Mario, que tirou por terra todo o traballo dos visitantes.