lunes, noviembre 13, 2006

S.D. SOFAN 2 - XALLAS 1


Volviu a SD á senda da victoria na tarde de onte, sendo a victima propiciatoria un Xallas que da unha de cal e outra de area. Temperatura ideal no campo do Carral, con numeroso publico que non deixou de animar os roxos en ningun momento. Destacar un gran sector de publico femenino, que parece que se vai animando a acudir a ver ós nosos queridos e guapos rapaces.

ALINEACIONS

SD SOFAN: Dani, Mutio, Gende, Varela, Pancho (Gustavo M.63), Eloy(Marcos Cancela M.81), Pablo Vazquez, Pizo, Carro, Pabeto(Pombo M.51) e Cristian (You M.87)

XALLAS: Jose Gomez, Martin(Felipe m.50), Chema, Bruno Polis, Tejero, Ivan Couso, Ricardo, Maikel(José m. 70), David Pose(Roli m. 62); Mara e Aran(Ovidio m.50)

ARBITRO: Ferreño Presedo, que amonestou a Carro e a Pabeto polo Sofan, e a Mara polo Xallas.

GOLES: 1-0 m 21 Cristian, tras gran xogada na que interveñen Carro e Pizo 2-0 m 30 Pablo Vazquez, de espectacular tiro dende 20 metros 2-1 m 38 Aran, o desviar un lanzamento de falta directa.


Partido de infarto en Sofan, cun marcador incerto ata o ultimo minuto, pero que se decantou de maneira xusta para os locais. O Xallas mostrouse como un bo equipo, sobre todo no primeiro tempo, pero pesaronlle os tempraneiros goles locais. O Sofan saiu enrabietado desexando lavar a imaxe que ofrecera a semana pasada en Nanton, pero casi nunca foi capaz de combinar con claridade no medio do campo. Carro recibiu poucos balons, e o ataque local centrouse en Eloy. Pabeto, a novedade na alineacion, mostrouse moi voluntarioso, pero os dous mediocentros visitantes andiveron moi contundentes e dominaron esa parcela, sobre todo Ricardo, que realizou un gran partido. No ataque xalleiro, Mara estivo ben controlado, pero Aran foi un quebradeiro de cabeza para os centrales locais. Nunha gran xogada de equipo Cristian marca o seu goliño de todos os dias, e pouco despois Pablo engancha un trallado incrible que entra por toda a escadra. Xa antes Eloy tivera unha boa ocasion nun tiro dos seus dende fora da area. Co 2-0 o Xallas aumentou un pouco o ritmo, e bombeou moitos balons a area da SD, pero os centrais locales mostranse seguros non xogo aereo. Dani está a gran nivel, pero no gol de Aran non pode facer nada. O 2-1 sembra algunhas dubidas na parroquia local e o descanso venlle moi ben ós da casa.

No segundo tempo, os locais salen decididos a sentenciar o partido, e en cinco minutos plantanse varias veces na area visitante creando claro perigo. O xallas realiza un par de cambios ofensivos e pasa a xogar con dous puntas natos, pero en todo o segundo tempo so crea perigo en algunha falta bombeada á area e nun lanzamento de libre directo de Mara case co tempo cumprido. O Sofan, á contra e con u Pablo Vazquez inconmensurable, crea diversas ocasions que non é capaz de transformar e acaba sufrindo para amarrar os tres puntos.

Mostrase moi segura SD nos partidos no Carral , onde está obtendo grandes resultados, pero hai que trasladar a actitude da casa ós partidos de fora se se quere optar a algo nesta liga.