domingo, noviembre 19, 2006

SCD MALPICA 1 S.D. SOFAN 1


( Vendo esta foto, ¿a quen lle extraña que houbera empate onte na Pedra Queimada?)

Tipico derby o disputado na tarde de hoxe en Malpica, con dous equipos que se emplearon ó cen por cen, pero non encontraron o seu mellor futbol. Moito publico nas gradas do historico campo malpican, en dia frio no que se agradeceu que non petara moito o vento.

ALINEACIONS:

SCD MALPICA: Toni, Xaba, Iago, Alfredo, Dieguito, Alberto Cheo, Andres, Martuxa, Dani(Carlos m.70), Medros(Quique m.75) e Charro(Alfrediño m.63).

SD SOFAN: Dani, Mutio(Pancho m.61), Gende, Varela, José, Marcos Cancela(Gustavo m.75), Pablo Vazquez(You m.82), Pizo, Carro, Eloy(Pombo m.80) e Cristian

ARBITRO: Castelo Perez, que amonestou a Xaba, Dieguito e Alfredo por parte local, e a Varela, Gustavo e You por parte visitante, Expultos a Jose no minuto 56 e a Iago no 73

GOLES: 1-0 M.75 Medros de gran disparo dende fora da area 1-1 Cristian m. 86 bate por encima a Toni.

Non se adaptou ben a SD o campo de sintetico e non puido combinar con claridade. Os locais levaron o peso do partido pero tampouco crearon moitas ocasions de gol na meta de Dani, que casi non tivo que facer ningunha parada en todo o partido. Os malpicans buscaron constantemente as bandas, e tanto Cheo como Dani crearon moitos problemas no primeiro tempo. Sen embargo foi o Sofan quen tivo a mais clara ocasion neste periodo: Cristian recibe un gran pase de Pizo, e encara a Toni algo desequilibrado debido a un empuxon dun defensa, e o porteiro de Sisamo desbarata a xogada con algo de fortuna.

O segundo tempo é mais do mesmo, pero aparece un protagonista inesperado, o colexiado do partido, que expulsa a un xogador por bando e mostra 6 cartons amarelos. O primeiro en enfilar os vestiarios é Jose, por unha suposta agresion a Charro. Poucos minutos despois expulsa o local Iago, nunha extraña aplicacion da lei da compensacion. O partido enrarecese e é Medros quen pesca neste rio revolto, o sacarse un trallazo dende fora da area ante o que nada pode facer Dani.

A SD adelanta liñas á desesperada, pero non crea moito perigo. E Cristian, en estado de gracia de cara a gol, quen aproveita un balon peinado por You para batir a Toni con habilidade. De aqui ó final, o partido volvese algo tolo pero ninguen logra marcar. Empate xusto na Pedra Queimada, ainda que o Malpica espuxo mais durante os 90 minutos.