lunes, noviembre 06, 2006

NANTON 2 - S.D. SOFAN 1

Mal partido o disputado na tarde de onte pola SD nas Fontiñas. Ante un Nanton moi necesitado, o Sofan xogou sen tension nin mordiente e acabou perdendo de maneira xusta.
Tarde magnifica para a practica do futbol. Boa entrada no campo do Nanton, que se encontraba en bastante bo estado.
ALINEACIONS:

NANTON: Ernesto, Javi Peon, Cristian, Felix, Carlos Vidal, Victor Amado (Miguel Angel m.58), Sito, Serra(Fabio m. 80), Ivan, Juan, Miguel Martinez(Jose m.85).

S.D. SOFAN: Costa, Pancho, Gustavo(Cancela m69), Gende, Varela, Pablo Vazquez, José(Joe m74), Pizo, Cristian, Eloy(Pabeto m.64) e Mutio(Carro m64).

ARBITRO: Borja Sanchez Garcia, que amonestou polo equipo local a Ernesto, Cristian, Felix, Victor Amado, Juan e Fabio, e polos visitantes a Pancho, Gende e Jose.

GOLES: 1-0. m.52 Ivan, de tremento zurdazo 2-0 m. 56 Sito, de rebote a despeje de Costa
2-1 m. 81 Pabeto, cruzando ante a saida de Ernesto.

O Nanton saiu moi reservon, quizais condicionado polas baixas de homes importantes que resultaran do partido en Malpica. Os visitantes tamen contaban con baixas sensibles, ás que se uniu a de Carro a ultima hora por un problema de espalda. Ainda así o medio do campo rojillo fixose co balon dende o principio e a SD merodeou a area de Ernesto nos primeiro vinte minutos con insistencia, pero sen crear excesivo perigo. O Nanton dedicabase a defender e buscaba descaradamente o contragolpe, con Serra como home mais adiantado. Neste periodo a defensa visitante non pasou por ningun apuro. Pasada a media hora Miguel Martinez comenzou a tomar o mando das operacions, pero a polvora dos locais era escasa.
O segundo tempo foi moi diferente, pois pronto os locais marcaron os seus dous goles, e defenderon con moita garra o resultado. Parecia que era o unico equipo que se xogaba algo. Sito foi un valladar no medio campo, e a defensa mostrouse segura. A SD, co marcador en contra, botou ós seus xogadores ó ataque , pero as ocasions non foron demasiadas. Solo en algun corner botado por Pizo pareceu que podia marcar, pero foi Pabeto quen o fixo. Este gol non serviu de moito, pois os locais dedicaronse a embarullar o partido para que se xogara o menos posible, e non pasaron excesivos agobios de ahi ó final. Gañou o equipo que mais creiu na victoria: a SD xogou excesivamente relaxada, e cando se viu con dous goles en contra non foi capaz de reaccionar.