lunes, octubre 01, 2012

S.D. SOFAN 5 - BUÑO 1

Tarde soleada no campo do Carral, onde uns 135 espectadores viron un gran partido do cadro local, que se impuxo ó Buño con rotundidade, a pesar de que os visitantes se adiantaran no marcador. Os de Mallon repuxeronse pronto e mesmo marraron un penalti. Esta victoria cerra un mes de setembro soñado, con 5 victorias en outros tantos partidos.

S.D. SOFAN - Bugy -Dani 85´-, Cantudo, Diego - Marcos 76´-, Carlos Lista, Juanjo, Pensado, Ivan Rojo -Jacobo 65´-, Eloy, Ivan Rey, Edu -Gustavo 87´- e Abel.

BUÑO - Toni, Angel, Ruben, Diego, Alfredo, Emilio, Jorge Calvete, Elias, Dourado -Juan Antelo 60´-, Victor e Mauri -Gurita 66´-.

ARBITRO: Amonestou a Diego, Lista e Rey por parte local, e a Angel, Dourado e Diego por parte visitante.

GOLES:
0-1 11´ Penalti por mans de Ivan Rey que transforma Elias.

1-1 15´ Corner que remata Lista en segunda instancia o fondo das mallas.

2-1 21´ Falta que Rojo toca en corto e Eloy dende 30 metros clava o balon na escuadra.

3-1 53´ Penalti sobre Edu que el mesmo transforma

4-1 66´ Preciosa xogada da SD, a mellor da tarde que acaba con un centro de Ivan Rey que Eloy remata en plancha ó fondo das mallas.

5-1 78´ Edu rouba un balon os centrais do Buño, encara a Toni e bateo na sua saida.

Comenzou o encontro cun ritmo endiablado. Nos primeiros 20 minutos o futbol foi intenso, de area a area. O Buño tivo unha boa ocasión de Elias, pero respostou Abel, moi participativo nos minutos iniciais, con un par de boas xogadas cheas de potencia e intencion, pero atopouse con Toni. O gol visitante espoleou os locais, que comenzaron a xenerar perigo. Cada corner botado era ocasion de gol, e asi chegou o empate. Pouco despois tivo Eloy a ocasion de adiantar o seu equipo, pero marrou o penalti sinalado polo colexiado. Resarciuse o talentoso xogador cun gran lanzamento de falta. Locura e ritmo altisimo no carral, que foi disminuindo de aqui o descanso, tentando os de Mallon controlar mais o partido. Ainda asi anulouselle un gol a Abel por fora de xogo.

A saida do descanso a Sd despistouse, baixou a intensidade e o Buño fixose co control do partido. Pero cando mais estaban a acosar chegou a xogada do penalti que Edu transformou. A partir de ahi, e coa saida de Jacobo, que xogou uns moi bos minutos, a Sd controlou o balon e creou moito perigo. Un Buño volcado o ataque deixaba moitos espacios atras e asi foron chegando os goles locais.

Victoria dedicada polos xogadores ó seu compañeiro Michel, que foi pai onte domingo dun neno, futuro aficionado sofanista. Por un motivo mais triste, tamen queren os xogadores da Sd dedicarlla ó seu mister, Pablo Mallon, que ven de sufrir unha irreparable perdida na sua familia.