domingo, octubre 14, 2012

S.D. SOFAN 3 - VOLANTES DE BAÑO 0

Bonito partido o vivido na tarde de hoxe no campo do Carral. Ante un bo puñado de afeccionados, con nutrida presencia visitante, os dous equipos xogaron un futbol combinativo e agradecido de ver para o publico. A forte saida da Sd foi decisiva, pois o cuarto de hora xa ganaba por 2 tantos a 0.

S.D. SOFAN - Bugy - Dani 85´-, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Jacobo - Eloy Cabeza 46´-, Ivan Rey - Pikas 73´-, Edy - Ivan Rojo 62´- e Abel - Santi 68´-

VOLANTES - Ruben Santos, Juan, Javi - Jesus 68´-, Nimo, Mingos, Varito, Adrian - Benja 55´-, Ivi - Miguel 65´-, Seluco, Jaro - Josiño 46´- e Fran.

ARBITRO: Perez Rellan, que amonestou a Boedo, Abel e Santi por parte local, e a Juan, Seluco e Ivi por parte visitante.

GOLES.
1-0 10´ Balon longo o dianteiro Abel que remate case sen angulo batendo a Ruben polo pao corto.

2-0 17´ Preciosa xogada por banda esquerda, Edy centra o segundo pao e Abel chegando con forza marca de cabeza.

3-0 78´ Gran xogada de Pikas e Santi, o primeiro plantase ante o meta visitante, regateao, cede a Eloy Cabeza que anota o tanto con tranquilidade.

O inicio da Sd foi fantastico, xogando un futbol rapido e vertical, con Abel moi incisivo. O dianteiro anotou dous tantos en un abrir e cerrar de ollos. Os visitantes todavia non entraran no partido e xa estaban dous goles por debaixo. A partir de ahi a Sd cedeu o manto os de Baño, que comenzaron a tocar ben o balon, e nos ultimos 20 minutos do primeiro tempo demostraron o porque da sua boa clasificacion, xogando realmente ben o futbol, pero creando perigo so en lanzamentos lonxanos de Seluco e Ivi. Bugy coma sempre estivo segurisimo, e detivo en doble parada a mais clara dos visitantes, a disparo de Seluco e Jaro.



O segundo tempo foi mais do mesmo, pero a seguridade defensiva local rematou por facer que o Volantes baixara os brazos. A saida de Eloy dou claridade o xogo no centro do campo da sd, e as ocasións ó contragolpe foron caendo. Ivan Rey entrou moi ben por banda dereita, xogando un gran partido, e Eloy e Boedo tiveron claras ocasións, unha delas sacada baixo paos por un defensa visitante. A profundidade de banco dos locais mostrouse nos intres finais, pois os xogadores de refresco deron mostra das suas calidades neste treito.