domingo, octubre 07, 2012

CABANA 0 - S.D. SOFAN 0

Igualada xusta no campo das Redondas, ante 150 afeccionados, que viron un encontro moi intenso e disputado, cun cadro local que non evidenciou o mal inicio de tempada que viña tendo, e que pelexou ata a extenuacion poñendo en moitos apuros o lider da competición.

CABANA - Añon, Ismael, Eloy, Marcos, Mato, Fariña, Sandro, Ruben Rama, Adan, Fernando e Berti.

S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Michel, Ivan Rojo - Eloy Boedo 65´-, Jacobo, Ivan Rey, Edy e Abel - Pikas 75´-

De inicio saiu moi enchufado o cadro local, xogando a favor de aire. Acosaron a meta de Bugy nun par de accions a balón parado, unha delas perigosisima botada por Fernando que Cantudo sacou coa cabeza cando o balon se colaba. Un par de despistes defensivos propiciaron perigosos disparos de Berti e Ruben Rama. Desperezouse a Sd e comenzou a crear perigo. Tivo a mais clara ocasión nas botas de Ivan Rojo, pero o centrocampista non soubo definir diante de Añon. Marcos Pensado, o mellor dos visitantes, subia ben por banda e nunha desas arrancadas fixo unha boa xogada que rematou cun disparo que saiu cerca do pao. Pensado de cabeza, e un disparo de Jacobo inquietaron a Añon antes do descanso.

No segundo tempo a Sd tentou de dominar mais o xogo, pero sorprendentemente o partido rompeuse e ganou en velocidade e agresividade. Bugy tivo que responder maxistralmente a un disparo envenenado de Fariña, e saindo ós pes de Berti noutra accion perigosa. A Sd tentabao pero non atopaba o camiño da meta local. Añon mostrouse moi seguro en todas as accions a balón parado. Tivo outra boa ocasión Marcos Pensado, pero o seu disparo saiu fora por moi pouco. Unha falta lanzada por Ruben Rama lambiu o pao, e Alberto Pensado viu como Añon lle sacaba un balon que levaba marchamo de gol. Nos intres finais, cunha Sd volcada e un CAbana buscando o contraataque, tivo Jacobo a mais clara para os visitantes, pero Añon rexeitou o seu disparo cando o odianteiro se atopaba solo.

Xusto empate nun bonito encontro, e a Sd unha semana mais no alto da taboa.