jueves, julio 26, 2012

Tres novos homes no primeiro entreno da Sd: SANTI, CANTUDO E MARCOS PENSADO.

O martes adestrou a Sd por primeira vez baixo as ordes de Pablo Mallon. O campo das Eiroas de Carballo acolleu as primeiras carreiras veraniegas dos xogadores sofanistas. Neste adestramento participaron tres das novas incorporacións da Sd, Cantudo, Santi e Marcos Pensado, así como Ivan Maroño, ex-xogador do Arteixo B que posiblemente tamen se una ó equipo rojillo.

MARCOS PENSADO procede do Coristanco, equipo no que levaba 7 anos sendo titular indiscutible no lateral esquerdo. Anteriormente formara 3 anos no Castriz. Marcos é un lateral defensivamente solvente, de probada potencia física e que destaca polo seu golpeo de balón, o que lle permite marcar varios goles por temporada a balón parado.

Marco Lopez Rodriguez, conocido futbolísticamente como CANTUDO, procede do Larín. Lateral ou interior dereito, o veterano xogador pasou toda a súa vida futbolística no Larin, excepto por un paso fugaz polo Xallas no 2009.

SANTI é unha incorporación para a zona do ataque. O ex xogador do San Lorenzo pode actuar como extremo ou dianteiro. Destaca pola súa velocidade e entrega total. O xoven xogador saiu das categorias inferiores do Bergantiños e xogou no Dumbria, Buño e San Lorenzo antes de incorporarse este ano á Sd.

Queda practicamente cerrada a plantilla da Sd para esta tempada, á espera da posible incorporacion en vindeiras datas de 1 ou 2 atacantes.