miércoles, julio 18, 2012

Duas incorporacions de calidade para a Sd. MICHEL E LISTA.

Dous dos artifices directos do ascenso do Carral este ano a Preferente recalan na Sd Sofan para disputar a tempada que vai a comenzar. Carlos Lista e Michel, xogadores experimentados e de calidade contrastada, reforzarán a defensa e o centro do campo do clube carballés.

Carlos Lista Puente, de 30 anos, defensa polivalente, é unha vella aspiracion da entidade sofanista, que xa intentou incorporalo anos anteriores. O defensa, caracterizado pola sua polivalencia e calidade, será peza clave no entramado de Pablo Mallon.

Miguel Angel Sande Martinez, MICHEL, conta os seus 35 anos con dilatada experiencia nos campos de futbol. Coñecida de sobra é a sua traxectoria no futbol coruñes e das Mariñas. Este centrocampista mostrará a sua calidade e futbol facil no cespede do Carral.

Ambos teñen traxectorias paralelas. Sairon do Laracha, onde chegaron a terceira division e gañaron varias copas da Coruña naquel conxunto laraches historico, estiveron en Paiosaco onde foron pezas fundamentais, no caso de Michel logrando o ascenso a Preferente co modesto conxunto blanquiverde, e ascenderon o ano pasado ó Carral. Esperemos que en Sofan teñan a mesma sorte.