lunes, marzo 14, 2011

CARNOTA 1 - S.D. SOFAN 1

Igualada da SD no campo de Lombans, recinto maldito para os de Baña, nun partido marcado pola incomprensible expulsión de Luisito no min. 42 de partido por duas amarillas na mesma xogada, textualmente -...la primera por realizar aspavientos ante una decisión mia, y la segunda por decirme /¿te crees muy valiente por sacar una tarjeta?/...-. Un partido de guante blanco, dominado pola SD e con un Carnota moi serio e peleón, quedou claramente condicionado.


U.D. CARNOTA - Peipo, Nico, Adrian, Urko, Pedro, Brea, Andres Pato, Oliver -Pumuki 70´-, Pablo Beiro, Deme -Chouza 81´- e Manuel Luis.

S.D. SOFAN - Alex, Miniño, Diego, Alberto Pensado, Juanjo, Pizo -David Pensado 69´-, Aleman, Luisito, Adrian, Jacobo -Gende 82´-e Bertin.


ARBITRO: Zas Vazquez, que amonestou a Oliver, Beiro e Demetrio por parte local, e a Adrian e Jacobo por parte visitante. Expulsou a Luisito no min. 42, e a David Brea no min. 86.


GOLES:
1-0 15´Balón á espalda da defensa sofanista, que aproveita moi ben Andres Pato para de tiro cruzado e case sen angulo bater a Alex.
1-1 35´Gran xogada de Bertin en banda dereita e o seu centro raso é rematado por Diego tal e como lle ven, levando o balón ó fondo das mallas.


Encontro xogado a un ritmo bastante baixo, no que a Sd tivo o dominio da pelota, e o Carnota se mostrou como un equipo serio e disciplinado, realizando un moi aceptable partido defensivo. A referencia local no primeiro tempo foi Pablo Beiro, ó que os seus compañeiros buscaban en balóns longos. O tempraneiro gol de Pato dou alas ós carnotáns, que incrementaron a súa seguridade defensiva, baseada nos seus dous centrais Pedro e Nico, a bo nivel todo o encontro. A SD comenzou a presionar o marco de Peipo. Pizo disparou alto. Jacobo probou fortuna pouco despois, e chegou o gol de Diego en gran xogada de Bertin. O goleador carballés Bertin estivo moi participativo todo o encontro, pero non tivo excesivas oportunidades para demostrar o seu olfato. Un disparo no primeiro tempo seu foi detido por Peipo. Coa polémica expulsion chegouse o descanso.


O segundo tempo foi un querer e non poder de ambos equipos. O Carnota dou a sensacion de conformarse co empate, e a Sd, a pesar de exercer un dominio territorial amplio, non o transformou en ocasións de gol. Un par de disparos de Bertin, e un fallido remate de cabeza de Pensado foron as mais claras ocasións. Un lanzamento de falta postreiro do capitan Nico, tras rexeitar na barrera, casi se cola na meta de Alex, que polo demais tivo unha tarde bastante tranquila.