miércoles, marzo 30, 2011

MINIÑO RECIBE UN RECOÑECEMENTO DO CONCELLO DE LARACHA

O noso crack mediatico, Jesus Miniño, guardameta, lateral esquerdo e home para todo na SD, recibiu na tarde-noite do sabado un merecido recoñecemento á súa traxectoria deportiva por parte do Concello de Laracha. A categoría dos outros xogadores premiados, Repi, Jesus Remuiñan ou Javi Fuentes, deixa constancia da importancia do premio.



A traxectoria de Miniño, plagada de títulos e sempre deixando unha imaxe de cabaleiro do fútbol, posibilita que nos seus últimos anos de deporte lle cheguen este tipo de recoñecementos, que non fan mais que agrandar a figura do xogador de Lendo.


Un breve esbozo do seu palmarés deixa claro o exitoso da sua carreira:


Clubes nos que estivo -


1992 a 2004: Laracha CF

2004 a 2006: Montañeros Banco Gallego

2006 a 2008: Atletico Arteixo

2008 a 2009: Sporting Zas

2009 a -----: S.D. Sofán


Palmares -


Copa da Coruña - 4 veces campeon 1992,2000,2002 e 2005 e 2 veces subcampeon 2001 e 2003

2ª Rexional - 1 vez campeon 2005

1ª Rexional - 2 veces campeon 1992 e 2006

Rexional Preferente - 1 vez campeon 1997 e 3 subcampeon 2002, 2003 e 2004. 2 ascensos a 3ª division.