lunes, mayo 04, 2009

S.D. SOFAN 2 - FISTERRA S.D. 1

Partido típico copeiro no Carral, ante un centenar de afeccionados, que disfrutaron dun día soleado e un competido encontro sobre o impecable tapete sofanista. A SD colleu ventaxe de dous goles, viu como lle era anulado un tanto e recibiu o gol fisterrán no segundo tempo, tanto que lle da emoción ó partido de volta no histórico Ara Solis. Alinearon ambos equipos a:


SD SOFAN: J.Ramón, Christian, Gustavo, Juanjo, Diego, Mario (M.Varela 61´), Pizo, Eloy, Abel, Suso Docampo (Berti 70´) e Bertín.


FISTERRA S.D.: Joselu, Borja Munitis, Isma (Disiclin 68´), Chula, Xusto, Sergio Manin, Roberto (Ruben 46´)(Cristian 81´), Piti (Tati 78´), Jose de Anchoa, Roco, Luisito


ARBITRO: Edgar Soto Eiroa, que amonestou a Mario, Pizo e Abel por parte local, e a Isma, Chula, Xusto, Manin e Cristian por parte visitante


GOLES:

1-0 6´ Xogada de Abel pola banda esquerda que termina con un pase atras rematado por Diego en carreira, colandose o balon polo pao corto da meta de Joselu

2-0 12´Penalti por mans de Roco dentro da area que transforma Diego

2-1 72´Perdida de balon no mediocampo local, gran pase en profundidade a Disiclin que bate a J.R. na sua saida


Saiu a SD mais metida no partido, dominando o medio do campo con un Mario espectacular, e as ocasións pronto chegaron. Unha gran xogada de Abel serviu para que Diego abrira o marcador. Bertin mostrabase moi movil na punta do ataque, e os balons lanzados en profundidade creabanlle perigo á zaga visitante. O 2-0 chegou pronto, e o partido estaba de cara para os locais, que incomprensiblemente se relaxaron con un marcador tan favorable. Os fisterrans, con Roco ó mando e Isma e Luisito creando perigo pola banda esquerda, comezaron a estirarse, pero o seu perigo chegaba unicamente a balon parado. Lanzou Eloy unha falta moi alta, e Abel tivo unha boa ocasión nun remate de cabeza. Reclamouse un penalti a Diego na area visitante. Chegouse así ó descanso.

No segundo tempo o ritmo de xogo baixou, pois o calor apretaba. Nunha contra ben levada polo conxunto local foille anulado un gol a Abel por un dubidoso fora de xogo, e o mesmo xogador tivo unha clara ocasion tras recorrer medio campo co balon controlado, pero non estivo fino na definicion. O Fisterra encontrouse co gol e a partir de ahi aproveitou o despiste local para levar o peso do partido, tendo Luisito unha boa ocasión de empatar. Tivo Diego a última nunha falta ó borde da area que saiu elevada.

Resultado axustado para o partido de volta, que asegura un taquicardico encontro no recinto fisterrán.