jueves, abril 30, 2009

COPA DA COSTA: O DOMINGO ÁS 17:00 HORAS SD SOFAN - FISTERRA SD

Xa queda menos para que a SD entre en competición na edición 08/09 da Copa da Costa. Aumenta a expectación entre a parroquia ante o duro enfrontamento que lle tocou ós sofanistas. Nin mais nin menos que o histórico Fisterra visita o campo do Carral este domingo. Os homes de David Baña adestraron moi duro neste parón de case un mes con vistas a superar ó conxunto de Angel Canosa, que no campeonato de liga venceu os dous partidos á SD, 0-1 en Sofán, e 3-0 no Ara Solis. Si se repiten estos resultados o Sofan terá que facer as maletas antes de tempo e pensar na tempada que ven.






O ano pasado o Fisterra tamén vencera no Carral, por 2-4, en gran tarde do hoxe ceense Roa e fai 2 tempadas fora a Sd a que se impuxera 2-0 nun gran partido dos locais. Para este encontro de apertura copeira o mister local terá as baixas de Adrian Abelenda, Santi, Marquitos, Alex e Adrian Garcia. Os 17 homes restantes están á disposicion do adestrador, que todavía manten un par de dúbidas para formar o equipo inicial.







O campo presentará un inmellorable aspecto e se o tempo acompaña non dubidamos que a afeccion se desplazará en masa a ver este encontro, un dos mais interesantes da xornada dominical no que ó futbol costeiro se refiere, pois o grueso dos partidos se disputan entre o venres festivo e o sabado.