domingo, mayo 10, 2009

FISTERRA S.D. 1 - S.D. SOFAN 2

Sufriu a SD pero foi capaz de eliminar ó histórico Fisterra no seu propio campo, remontando o gol inicial de Manuel Cartamil, e sobrepoñéndose ó penalti marrado por Diego. Un centenar de espectadores presenciaron un emocionante encontro, marcado polo mal estado do terreo de xogo.

FISTERRA S.D. - Joselu, Borja Munitis, Isma (Cristian 70´), Chula, Xusto, Manin, Jose de Anchoa (Dani 50´), Piti (Roberto 64´), Manuel Cartamil, Roco e Luisito.

S.D. SOFAN - J.Ramon, Victor Docampo, Diego (Berti 58´), Juanjo, Gustavo, Gende (M.Varela 46´), Pizo, Eloy, Bertin (Christian 82´), Suso Docampo e Abel (Mario 88´).


ARBITRO: Ferreño Presedo, que amonestou a Jose, Manuel e Roco por parte local, e a Gustavo e Abel por parte visitante. Expulsou ó porteiro visitante Carlos por entrar no campo con intencion de intermediar nunha disputa entre dous xogadores.


GOLES:

1-0 40´Manuel Cartamil recibe un pase en largo á espalda da defensa sofanista e bate a J.R. con comodidade.

1-1 77´Centro dende a esquerda que remata Abel de gran volea

1-2 85´Internada de Abel pola esquerda que cede a Berti e este marca a porta vacia


Saiu a SD moi arroupada na sua liña defensiva, con cinco homes de contencion e catro na medular. A lesion de Mario condicionou a alineacion, e foi Eloy o que se puxo o mono de traballo para conter a Roco e Piti. Bertin tivo a primeira gran ocasion ó rematar un saque de corner de Suso ó longueiro. O primeiro tempo foi moi disputado, con escasas chegadas á area. Luisito lanzou unha falta de maneira maxistral pero saiu un pouquiño alta, e pouco despois J.Ramon fixo unha gran intervencion a un remate do perigoso Manuel Cartamil nun barullo dentro da area. O mesmo xogador puxo a eliminatoria en franquia para o equipo local. O campo permitiu pouco futbol conbinativo e a pelexa constante era a nota predominante.

A SD arriscou no segundo tempo, volvendo ó clasico 4-4-2. Tiña que marcar e pronto comezou a acosar a porta ben defendida polo xoven Joselu. Nunha boa xogada de Suso Eloy rematou alto cando tiña todo a favor. A ocasion mais clara foi de Bertin, que a porta vacia mandou o balon fora. O Fisterra agazapouse atras e buscou a contra con claridade, ainda que a defensa visitante estivo moi ben e non cometeu erros neste periodo. Mediado o segundo tempo sinalouse penalti por derribo a Suso, pero Joselu fixo unha gran parada e detivo o remate de diego. Non se amilanou a SD, que seguiu acosando e o premio chegou. Abel pescou unha gran volea e a SD era a que estaba na seguinte ronda. O Fisterra queimou as suas naves pero o gol postreiro de Berti sentenciou o partido.


Espera o Xallas o domingo no Carral, partido xa de octavos de final.