jueves, mayo 29, 2008

DAVID BAÑA SERÁ O PROXIMO TECNICO DA SD


Tras intensas negociacions chegouse a un acordo co arteixán David Baña Ramirez, de 36 anos de idade, para que se fixera cargo do equipo de cara a temporada 2008/2009. O tecnico, que proximamente obterá o nivel 2 do titulo de adestrador, chega con toda a ilusión do mundo ó Carral na que será a súa primeira experiencia como tecnico na liga da Costa. Como xogador xa chegara a militar durante un breve espacio de tempo no CD Baio ás ordes de Moncho Varela. David, que ten familia en Zas, meteuse dende o primeiro momento no ambiente que se vive na costa, e tentará mellorar a herdanza deixada por Chema Eiris, reto nada sinxelo. Ademais do Baio, na sua época de futbolista militou tamen no Ural, no Larin e no Suevos. Como tecnico comenzou no Oseiro para pasar posteriormente ó Arteixo, onde levou as categorias inferiores e o equipo B na epoca dorada dos arteixans en Segunda Division B. Actualmente levaba 2 temporadas no Victoria xuvenil, de Liga Galega onde obtivo un meritorio 4º posto na ultima temporada. Despois de ver ó equipo na eliminatoria de copa co Camariñas, mostrouse moi ilusionado pois cree firmemente que hai unha boa base para realizar un traballo satisfactorio.

Acompañarao de segundo tecnico Juan Rey, un rapaz de Carral de 31 anos que fai tres temporadas xogara no Ponteceso, e a temporada pasada adestrou ó Vilamaior, equipo da zona de Ordes de Terceira Rexional. Moita sorte para os dous nesta nova andaina na SD Sofan.