lunes, mayo 26, 2008

CENA FINAL DE TEMPORADA

Celebrouse en Silván, no afamado restaurante CASA SANCHEZ, a cea de fin de temporada da SD Sofan. A directiva estirouse de cuidao ofrecendo un esplendido menú composto de gambóns no seu punto, almejas bañadas en maravillosa salsa especialidade da casa e a famosa carne asada de Casa Sanchez, e posteriormente atacaronse maravillosos postres caseros e un pouco de cava catalan. Toda a comida foi regada con abundante viño, ainda que algun xogador, quizais por timidez, pediu unhas cocacolas. Entregouselle ó mister Chema Eiris unha placa agradecendolle a sua labor na SD durante estes tres anos.