miércoles, mayo 14, 2008

CHEMA EIRIS DEIXA A SD SOFAN


O que foi adestrador da SD durante estas tres ultimas campañas, CHEMA EIRIS, tomou a decisión de non coller as riendas do equipo a proxima temporada. Chema, nacido en Carballo no ano 1971, asumiu a dirección tecnica despois de abandonar a practica activa do futbol na temporada 05/06. No seu primeiro ano como entrenador fixo á SD CAMPEON DE TERCEIRA REXIONAL de maneira moi brillante e exitosa. Na temporada 06/07 conseguiu o obxectivo de manter a categoría de Segunda Rexional, clasificando ó equipo no medio da taboa con comodidade, e nesta última campaña ainda que sufrindo un pouco, volveuse a salvar a categoría quedando no 11º posto final.

¿POR QUE TOMACHES ESTA DECISION?

Despois de tres anos chegou un punto en que a xente estaba demasiado acomodada e necesitabase un revulsivo. Ademais creo que o meu ciclo chegara ó seu fin e hai que dar paso a outra xente que reactive a plantilla con ideas novas.

¿CON QUE TE QUEDAS DO TEU PASO POLA SD?

Sobre todo co magnifico ambiente que habia no vestiario e coa directiva, e tamen quedo contento da implicacion dos xogadores en todo momento hacia todo o que eu trataba de trasmitir.

¿CAL FOI O TEU MELLOR MOMENTO?

Houbo moitos momentos bos, sobre todo o titulo de terceira rexional, pero a salvacion da categoria deste ano deixame moi bo sabor de boca, pois todos sufrimos moito e ver que o traballo ten bo final resulta moi satisfactorio.

¿QUE ESPERAS DO TEU FUTURO COMO ENTRENADOR?

A corto plazo teño en mente tomar un pequeno descanso, pero estando sempre en contacto co mundo do futbol e aberto a todo tipo de posibilidades.