domingo, mayo 04, 2008

CAMARIÑAS CF 2 SD SOFAN 1


Quedou eliminada a Sd da copa da costa, nunha confrontacion igualadisima que se decidiu tras 210 minutos de dura pugna na cruel tanda de penaltis. O Camariñas estivo mais acertado e levouse o gato á auga. Partido xogado en Baio, en tarde calurosa que xuntou a uns 100 afeccionados.

CAMARIÑAS - Marcos (Asiel m.46), Iago, Pablo, Valeiro, Nando (Javier m.35), Moriño (Pirucho m.53), Alex Camean (Brais Triñanes m.46), Dario, Pedro (Tedin m.66), Robertito, Brais Casal.
SD SOFAN - Jose Ramon, Victor, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Baneira, Adrian,Berti (Oscar m.108), Suso Docampo (Cristian m.83) e Eloy

ARBITRO - Zas Vazquez, que amonestou a Valeiro, Nando, Robertito e Tedin por parte local, e a Gende e Pizo por parte visitante.

GOLES - 0-1 m.25 Falta lanzada por Eloy, rechaza na barrera, o balon elevase e Suso anticipase á saida de Marcos para batilo por encima. 1-1 m.57 Brais Triñanes encara a Jose R. que rexeita o primeiro disparo pero non pode facer nada ante o segundo 2-1 m.60 Balon bobeado, Jose R. despexa o balon recibindo unha clara falta que non sinala o arbitro e Tedin marca de cabeza.

Partido clasico de copa, disputadisimo ata o agotamento por parte de ambos equipos, e que acabou cunha agonizante tanda de penaltis. O Camariñas entrou moi enchufado no xogo, e nos 10 primeiros minutos Pedro tivo duas boas ocasions pero non acertou. No minuto 19 un pase profundo de Baneira deixou a Adrian solo diante de Marcos pero este centrou en vez de disparar a porta. Co tanto de Suso o Camariñas perdeu un pouco o bo xogo que mostrara ata aquel instante. A SD dominaba o partido con Berti aguantando os balons en punta e unha defensa moi segura. Foi Berti quen tras unha boa xogada cedeu o balon a Eloy pero o disparo deste rexeitouno un defensa.

No segundo tempo saiu forte o Camariñas e un centro de Pedro primeiro e un disparo de Brais
Casal despois sembraron o panico nos de Sofan. No minuto 55 tivo Berti unha clara ocasion tras gran xogada individual pero mandou o balon fora, e acto seguido tivo outra nun remate de cabeza que sacou Asiel de milagro. Na contra anotou o Camariñas o primeiro gol e pouco despois o segundo. A SD viu como se lle esfumou a ventaxa en cinco minutos. Brais Triñanes doulle problemas á defensa coa sua potencia e pelexa, pero a SD era dominadora da pelota. O Camariñas buscaba as contras para sorprender ó Sofan.No min. 76 unha boa xogada de Adrian rechazouna Asiel e o balon pega no largueiro. Tivo Berti duas ocasion no tramo final pero foise á prolongacion.

Na prorroga os equipos, xa fundidos, fixeron unha demostracion de casta. Ainda que nadie queria perder os dous buscaron a porteria rival pero o cansancio era demasiado e chegouse á tanda de penaltis, que resultou así:


1-0 Iago (Camariñas) 1-0 falla Eloy 2-0 Pablo 2-1 Baneira 3-1 Robertito 3-2 Juanjo 3-2 falla Dario 3-3 Gustavo 3-3 falla Valeiro 3-3 falla Victor 4-3 Tedin 4-4 Gende 5-4 Brais Triñanes 5-5 Pizo 6-5 Pirucho 6-5 falla Cristian.