domingo, enero 20, 2008

S.D. SOFAN 1 CARNOTA 2

Resucitou o Carnota no campo do Carral, onde xa gañara o ano pasado. Na tarde de hoxe levouse os puntos con xustiza, pois os locais, a pesar de adiantarse no marcador, nunca deron sensacion de perigo e pola contra os de Carnota crearon ocasions suficientes para anotar algun gol mais.

SD SOFAN - Jose Ramon, Baneira (Adrian m. 65), Pancho (Oscar m.77), Juanjo, Gende, Pizo, Victor, Bertin, Berti (Cristian m.60), Suso Docampo e Eloy(Marcial m. 79)
CARNOTA - Luis de la Peña, Nico, Jorge, Pedro, Berto, Martin, Toni(Deme m. 61), Sergio (Nando m. 70), Ubaldo, Tropi e Casti (Fernando m.78).

ARBITRO - Castaño Diaz, que amonestou a David Baneira, Pancho, Victor Docampo e Gende por parte local, e a Tropi por parte visitante

GOLES - 1-0 m. 18 Centro de Eloy dende a esquerda e remate de cabeza de Berti moi axustado ó pao contrario. 1-1 m. 23 Balon longo a Casti que bate a Jose Ramon na sua saida. 1-2 m.62 Pase en profundidade a Casti que encara a Jose Ramon e superao con frialdade.

Xa nos primeiros minutos se viu que o Carnota viña a por todas, e Casti fallou un par de claras ocasions antes dos 10 minutos iniciais. Na outra porteria Berti rematou un pase de Suso alto por pouco. Jose Ramon, moi ben toda a tarde, parou unha falta lanzada por Tropi e pouco despois chegou o gol de Berti, protestado polos visitantes que entenderon que o centro de Eloy se producira dende fora do campo. Non se veu abaixo o Carnota e Tropi e Ubaldo seguiron creando futbol para Casti, que foi un pesadelo para a defensa do Sofan. O empate facia xustiza, ainda que o dianteiro do Carnota estaba en fora de xogo. Pouco despois, noutro claro fora de xogo, encarou a Jose Ramon, e tras regatealo escapouselle o balon pola linea de fondo. No tramo final do primeiro periodo Eloy fixo un par de boas xogadas por banda que non encontraron rematador, e Berti enganchou un gran disparo a pase de Bertin que Luis rexeitou en gran parada.

O inicio do segundo tempo seguiu polos mismos derroteros. Jose Ramon salvou un gol cantado no minuto 50 con unha excepcional parada, pero non puido facer nada ante o segundo gol visitante. A partir de ahi o Sofan realizou cambios e tentou de apretar un pouco mais, pero o Carnota na contra creou un par de xogadas perigosas. Martin no medio co campo convertiuse no amo do partido, manexando o ritmo do xogo ó seu antoxo. Solo un tiro de Cristian tras pared entre Bertin e Suso e unha postrera falta lanzada por Pizo que rechazou Luis con suficiencia foron as ocasions dos locales, que non encontraron ocos na ordenada defensa do Carnota.