domingo, enero 06, 2008

BUÑO CF 2 SD SOFAN 2

Sacou un puntiño a SD no campo de Xaviña, en tarde pasada por auga e con arbitraje do inclito Mañana Castro, que unha vez mais dou un autentico recital. Alinearon os dous conxuntos a:

BUÑO - Añon, Oscar Moscoso, Carlos, Manolo (Aitor), Aldao, Mario, Neucha (Dourado), Jorge Calvete (David), Victor, Emilio (Richard) e Juan Antelo.
SD SOFAN - J.Ramon, Baneira, Victor, Juanjo, Gustavo, Pizo, Adrian (Gende m.77), Marcial, Berti, Suso Docampo e Eloy.

ARBITRO: Mañana Castro, que expulsou a Oscar e Carlos do Buño, e a Baneira e Eloy por parte da SD, asi como ó entrenador local e ó delegado visitante.

GOLES: 0-1 m. 7 Internada de Adrian pola banda dereita, da o pase da morte a Berti que marca 1-1 m.13 Emilio remata a placer á saida dun corner botado por Neucha 2-1 m. 22 Neucha de libre directo engancha un trallazo que entra pola escadra 2-2 m. 80 Barullo na area local que resolve Suso Docampo.

Tipico derbi o xogado hoxe, con moita tension e emocion, pero escaso futbol, e con un invitado ó espectaculo, o colexiado, que "amenizou" a funcion con unha arbitraxe moi mala, ainda que sin chegar a ser decisivo no resultado.

O gol inicial da Sd facia presaxiar unha tarde tranquila para os de Sofan, pero o Buño veuse arriba e con un Victor determinante, autentico pesadelo para a defensa da SD, xogou 20 minutos de bo futbol e doulle a volta o marcador. J.Ramon tivo que sacar un par de mans a remates de Victor, que ainda que estivo negado cara o gol, foi o mellor xogador do partido. A SD nunca encontrou un ritmo alto de balon que permitise explotar o futbol por bandas que soe practicar. Eloy estivo ben marcado e o Buño obligou a realizar un futbol moi directo no que os ataques visitantes se perdian na nada.

No segundo tempo a Sd arriscou mais coa expulsion de Oscar, pero apenas encontrou ocos na poblada defensa do Buño, que buscou a contra con descaro e creou perigo coa saida de Richard, que estrellou unha chilena no longueiro. Solo un tiro de Adrian que rexeitou Añon foi a opcion que tivo a SD, que con mais garra que ideas logrou empatar a contienda. O show de Mañana fixo que os ultimos minutos non se vira futbol en absoluto.