viernes, enero 11, 2008

BAIXAS PARA O DERBI

Extenso parte de sancions o emitido pola Federación Galega na actual semana polo que respecta á liga da Costa. Parece que co paso das xornadas se van endurecendo os partidos e a tension vai en aumento. Referindonos ó apaixoante SD Sofan - Ponteceso a xogar o domingo no campo do Carral, 3 son os homes que se perderan o partido: por parte local Eloy e David Baneira foron sancionados con un partido cada un pola sua expulsion do outro dia en Buño, e polo bando pontecesan Nando sufre acumulacion de amonestacions. Importantes baixas para ambos conxuntos, quizais mais decisivas no caso da SD, ainda que o amplio plantel do que dispon Chema fai pensar que non se deben de notar en demasia.
Por outra banda, preocupa como aguantará o cesped do Carral as intensas choivas desta semana. Ainda que o drenaje funciona perfectamente quizais encontremos un terreo de xogo algo blando que faga plantexar un partido menos vistoso do que en principio poderiamos ver. Ainda así calidade hai nos dous bandos de sobra para que o espectaculo sexa digno, e a espectacion en Sofan crece a medida que se acerca o domingo.