domingo, enero 27, 2008

PORTEÑO 2 SD SOFAN 1

Terceira derrota consecutiva da SD, nun encontro disputadisimo pero de escaso futbol, moi influido polas peculiares condicions do campo da Grixa. O equipo local adaptouse moito mellor á superficie e dimensions do terreo de xogo e con un futbol moi serio levouse os tres puntos.

PORTEÑO - Diego, Matias, Asturiano (Oscar m.55), Rosquilleiro, Manuel, Jemisa (J.Manuel m.50), Alberto, Isma, Piti (Jose Luis m.67), Juan Bello e Sergio Varela(Cousillas m.55).
SD SOFAN - J.Ramon, Baneira, Victor (Adrian m.72), Juanjo, Varela, Pizo, José (Eloy m.53), Marcial (Oscar m.67), Cristian, Suso Docampo (Berti m.72) e Bertin.

ARBITRO, Garcia Vilariño, que amonestou a Rosquilleiro e Cousillas por parte local, e a Varela, Bertin e Adrian por parte visitante.

GOLES. 0.1 m24 Jose engancha unha tremenda volea que entra pola escuadra 1.1 m.36 falta rematada o largueiro e Piti anota o rexeite 2.1 m.41 Sergio Varela peina un balon largo e Isma eleva de cabeza ante a saida de Jose Ramon.

Comenzou a SD coas ideas moi claras, practicando un futbol bastante directo co obxectivo de buscar a Bertin e Cristian con rapidez. Un bo remate de Cristian alto precediu a unha clarisima ocasion de Bertin e Suso, que remataron por duas veces a bocajarro pero non foron capaces de anotar. O Porteño creaba perigo a balon parado e nos saques de banda, e Juan Bello rematou de cabeza a rentes do pao. Co gol de Jose o Porteño comenzou a apretar un pouquiño mais, buscando balons a Sergio Varela, que tivo unha dura pelexa coa defensa da SD. En dous despistes da zaga visitante o Porteño adiantouse antes do descanso.

O segundo tempo foi un monologo da SD, cun equipo local que buscaba a contra para crear perigo. O Sofan tentou de xogar de maneira mais combinativa, e as ocasions chegaron, pero non se materializaron. Bertin disparou fora dende o borde da area, Cristian pouco despois rematou alto, e Berti tivo a mais clara, tras regatear a un defensa, mandou o balon o largueiro. Nos ultimos intres, Varela tentouno nun remate de cabeza, pero non era o dia da SD.