Inxusta derrota a da SD na tarde de hoxe,

pois dispuxo de numerosas ocasions para desnivelar o marcador ó seu favor, pero un riguroso penalti sinalado por mans de Gende dou os tres puntos ó equipo visitante.
SD SOFAN - Costa, Victor Docampo, Oscar, Juanjo, Gende, Pizo, Adrian(Jose m.78), Marcial (Cristian m.71), Berti, Suso Docampo e Bertin.
PONTECESO SD - Barca, Felipe (Salva m.84), Carliños, Mato, Roberto Rios (M.Torrado m.61), Tucho, Bolon(Toniño m. 65), Miguel Martinez, Mendieta, Pablo Rama (Mario m.69) e Ruben.
ARBITRO: Santos Rey, amonestou a Oscar, Gende, Adrian e Bertin por parte local. Expulsou ó entrenador Chema Eiris por protestas reiteradas. Por parte do Ponteceso ensinou carton amarelo a Pablo Rama e a Salva.
GOL: 0-1 M. 68 Toniño de penalti.
Decepcion na parroquia local por esta derrota, pois o equipo fixo meritos sobrados para levar os tres puntos, chegou a estrellar 3 balons contra os paos da meta de Barca pero vaise de vacio.
O terreo de xogo, a pesar das pertinaces choivas , encontrabase en magnifico estado, algo blando e encharcado pero permitia a practica do futbol sen problemas. No arranque de partido a SD esperou ó Ponteceso no seu campo, e tentou lanzar rapidas contras para sorprender ó equipo visitante. Bertin reclamou un penalti nada mais empezar o partido, e pouco despois Berti tivo a primeira das suas numerosas ocasions nun balon que controlo

u moi ben pero estrellou no corpo de Barca. Acto seguido recibiu unha pelota dentro da area, revolviuse ben e lanzou un disparo que repeliu a cruceta. Bertin estaba en estado de gracia, moi rapido é incisivo, e as suas combinacions con Suso creaban perigo na zaga dos da Ponte. Marcial, de forte disparo, mandou a pelota ó largueiro novamente. Parecia que o balon non queria entrar. Carliños tentouno con un par de faltas lonxanas, pero Costa estaba moi seguro.
O segundo acto foi mais do mesmo. O Ponteceso, sabedor de que solo lle valia a victoria, botouse para adiante e creou un par de ocasions, mais por insistencia que por futbol. Os locales enlazaron un par de rapidas xogadas con ocasions para Berti e Bertin, e Barca o tentar despexar un centro

mandou o balon novamente o pao longueiro. O penalti confirmou aquelo de "quen perdona paga", e o posterior asedio sofanista ó marco pontecesan non deu froito ningun.
Sigue o Ponteceso na sua carreira polo titulo, e queda o Sofan en zona de nadie ante a visita ó Carral do Carnota o proximo domingo.