lunes, marzo 05, 2007

S.D. SOFAN 0 NANTON C.D. 0





Xusta igualada entre Nanton e Sofan nunha tarde fria e de auga que deixou o campo do Carral convertido nun barrizal.


ALINEACIONS:


S.D. SOFAN: Costa, Mutio, Pancho, Gustavo, Varela, Juanjo, Carro, Pizo, Cristian, Bertin (Marcos Cancela m. 52)e Eloy


NANTON C.D: Pombo, Juanillo, Diego, Felix, Sito (José m. 85), Carlos Vidal (Mata m.58), Cristian, Miguel Martinez, Manolo, Serra e Luis


ARBITRO: Borja Sanchez Garcia, que amonestou a Mutio e Carro por parte local, e a Sito, Luis e Mata por parte do Nanton.


Partido moi igualado condicionado pola climatoloxia que deixou o campo en moi mal estado. A pesar desta circunstancia os dous equipos emplearonse con ardor na batalla e non renunciaron a trenzar bonitas xogadas. O Nanton xogabase unha das suas ultimas cartas para manter a categoria metres que a SD, coñecedora da sua relativamente comoda posicion na taboa dedicouse a "nadar e gardar a roupa", como diria un castizo.


No primeiro tempo a iniciativa é dos visitantes, cousa habitual no Carral, e Luis ten a primeira e mais clara ocasion nunha xogada na que arranca en claro fora de xogo pero non define ante Costa, unha vez mais un dos mellores do partido. O Nanton volcaba todo o seu xogo ofensivo na banda dereita, onde Luis Giance se mostrou moi bullicioso. Pancho e Gustavo tiveron que pelexar moito para atalo en corto. A SD tentaba sair en contras rapidas, pero non tiña excesiva claridade na saida do balon. Un par de centros de Carro e un tiro de Juanjo dende o medio campo foron o mais destacado deste primeir acto.


No segundo tempo a SD saiu mais presionante e creoulle problemas á defensa do Nanton, que se mostrou moi segura todo o partido, especialmente na sua parcela central. A saida de Cancela doulle vidilla ó ataque rojillo, pois a sua constante pelea creaba situacions para outros homes que chegaban dende atras. Así foi Eloy quen tivo as duas mellores ocasions do partido, en duas xogadas personales. A primeira desviouna Pombo ó pao e cando o balon parecia que entraba o barro encargouse de frenar o gol local. Na segunda o esferico saiu rozando o pao. A SD controlaba ben o partido, cunha defensa moi solida e o clasico traballo no medio campo. De todas maneiras Luis estivo a punto de marcar á saida dun corner e Carro tivo que sacar un balon baixo paos. Ante o conformismo local e a impotencia visitante chegouse ó final do encontro cun empate xusto. Gustou o Nanton, un equipo que non se entende moi ben como está nunha situacion tan problematica a cinco xornadas da finalizacion da competicion.