lunes, marzo 26, 2007

SD SOFAN 4 MONTELOURO U.D 1


En tarde luminosa no campo do Carral resarciuse a SD da humillante derrota do domingo pasado e de paso asegurou matematicamente a sua permanencia na categoria de segunda autonomica unha temporada mais, obxectivo marcado a principio de tempada que se cumpliu coa victoria de onte. Bastante publico presente no encontro que se mostrou moi frio co futbol dos locales, quizais gardando rencor ainda do partido ante o Malpica. De todas maneiras algunhas xogadas do segundo tempo foron moi aplaudidas, pois é ben certo que cando a Sd xoga con confianza é capaz de realizar un futbol moi vistoso.
ALINEACIONS:
SD SOFAN - Dani, Mutio, Gustavo (Pancho m. 69), Gende, Varela, Juanjo, Cancela (Pablo Vazquez m. 58), Pizo, Cristian, Pombo (You m.79) e Bertin.
MONTELOURO UD - Lupi, Teo, Cexo, Cesar, Freire, Molinos, Adrian (Manuel m.63), Gael, Edu (Fernando m.65), Joja e Manoliño.
ARBITRO - Aitor Lago Brandon, ben, sen complicacions. Amonestou a Gustavo e a Varela por parte local , e a Manoliño por parte visitante.
GOLES - 1.0 m. 38 Cristian revolvese ben na area e bate de gran disparo cruzado a Lupi. 2.0 m. 56 Bertin vaise como unha bala pola sua banda, supera a 2 defensores e bate ó porteiro na sua desesperada saida 3.0 m 66 Pizo cede de tacon a Juanjo que intenta despejar o balon e meteo por toda a escuadra. 3.1 m 73 Cexo internase pola banda esquerda e bate a Dani 4.1 m 84 fallo garrafal do porteiro visitante que aproveita You para marcar a porteria vacia.
Saliron os dous equipos moi tensos ó campo, pois eran conscientes do moito que se xogaban no envite. O Louro era quen tentaba realizar un futbol mais trenzado, mentres que os locais perdianse nun xogo excesivamente directo que non os beneficiaba nada. Solo cando Pombo lograba baixar algun balon se intuia algo de perigo. Cristian estivo moi peleon como en el é habitual, e doulle problemas a zaga do louro, que se mostrou moi insegura e falta de contundencia, todo o contrario que a defensa local, que parece que volviu por onde solia. Os visitantes solo inquietaron en lanzamentos lonxanos, sobre todo unha falta de Freire que detivo Dani con algun problema. O gol de Cristian foi un premio excesivo para o Sofan neste primeiro acto.
No segundo tempo o Louro baixou o piston e o Sofan foi o dominador do xogo, con Pizo e Pablo dirigindo as maniobras no medio campo. Os visitantes en ningun momento encontraron huecos na zaga local, e polo contrario homes como Juanjo e Bertin entrarou unha e outra vez como cuchillo en mantequilla na visitante. Tanto un coma o outro anotaron dous golazos que sentenciaron o partido. O poder de reaccion do Montelouro foi inexistente, e o partido diluiuse entre un par de tanganas e duas ou tres xogadas brillantes dos locais en contras perigosas.
Asegura a SD a permanencia na categoria, feito moi celebrado polos xogadores locais, pois este ano está mais cara que nunca. Se o ano pasado se salvaron equipos con 24 ou 25 puntos, este ano poden facer falta 35 ou 36, o que indica a igualdade que reina na competicion