lunes, marzo 19, 2007

S.D. SOFAN 0 MALPICA 4


Tocou fondo a SD nos seus partidos como local, onde non gana dende principios de enero. Nunha tarde aciaga a numerosa afeccion que se acercou ó Carral saiu moi decepcionada do xogo do equipo, que foi amplamente superado polos veciños de Malpica.


ALINEACIONS:


SD SOFAN - Dani, Mutio, José, Gustavo(Cancela m.45), Varela, Pizo, Carro, Juanjo, Cristian, Bertin(You m.45) e Eloy


MALPICA - Toni, Xava, Dieguito, Facal, Yago, Posiño (Charro m.76), Alfrediño (Cheo m. 65), Manuel, Dani (Quique m.72), Martuxa e Medros
ARBITRO: Sergio Espasandin Cores, que amonestou pola SD a Mutio, Jose, Varela, Carro e Juanjo, e polo Malpica a Diego, Facal e Charro.
GOLES: 0-1 m. 24 Posiño de forte tiro dende a frontal, 0-2 m. 66 Alfrediño nunha contra que arrancou cun claro fora de xogo de Medros 0-3 m. 79 Medros dende a frontal. 0-4 m. 84 Cheo nunha nova contra.
Nada facia presaxiar a debacle de onte en Sofan. Nunha tarde inmellorable para o futbol, deuse cita moito publico no Carral. A SD tentou de levar o peso do partido pero continuos fallos nas entregas fixeron que os visitantes poideran montar contras perigosisimas. Chegou asi o gol de Posiño e parece que a SD despertou un pouco. Eloy , Carro e Bertin trenzaban boas xogadas e Cristian moviase ben no ataque buscando remates que non chegaban.
No segundo tempo os locais puxeron tres defensas intentando arriesgar e esa foi a sua tumba, pois o Malpica xogou moi comodo replegado atras e lanzando mortiferas contras que acabaron coa resistencia da SD. O futbol directo que practicaron os de Sofan non dou ningun froito, aparte de dar unha imagen de impotencia que ben seguro non gustou nada na grada. Ainda ó Malpica lle anularon un gol, por falta de Charro a Juanjo, que podia ter posto un marcador de escandalo, se xa non o foi este.